A USC estuda os beneficios socioeconómicos dos espazos protexidos en Iberoamérica

A Rede ECOMAR financiada polo programa CYTED e coordinada polo profesor da USC Sebastián Villasante, reúnese estes días en Colombia para avanzar na primeira avaliación iberoamericana de servizos ecosistémicos mariño-costeiros en áreas mariñas protexidas. Nesta rede participan tamén da USC os profesores Manel Antelo e Jacobo Feas e os investigadores Pablo Pita e Joao Garcia Rodrigues.  

ECOMAR dedícase a desenvolver protocolos e marcos conceptuais e identificar as principais necesidades de colecta de información en áreas naturais protexidas, á vez que busca promover a avaliación biofísica, socioeconómica e cultural dos servizos ecosistémicos mariño-costeiros con especial atención ao coñecemento tradicional das comunidades.

Publicidade

No encontro destes días avanzarán na análise de casos de estudo clave en cada un dos países iberoamericanos, como por exemplo as Illas Galápagos en Ecuador, a reserva mariña de ‘Os Miñarzos’ en Lira ou as Illas Cíes na Ría de Vigo. A través de eles tentarán coñecer a coherencia das políticas públicas no funcionamento das áreas naturais protexidas e a efectividade da súa regulación como proporcionadoras dos servizos.

Á xuntanza en Colombia asisten especialistas das tres universidades galegas, da Fundación Lonxanet, do Instituto Mediterráneo de Estudos Avanzados (IMEDEA), do  Instituto de Ciencias do Mar, da Universidade Federal de Rio Grande do Norte(Brasil), da Pontificia Universidade Católica de Chile, da Universidade de Magdalena(Colombia), da Universidade San Francisco de Quito (Ecuador), do Centro de Investigación Científica e de Educación Superior de Ensenada (México), do Instituto do Mar de Perú – IMARPE e o CESAM de Portugal.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Péptidos para transportar medicamentos xenéticos: a aposta de TraffikGene

A empresa nada na USC, gañadora GCiencia Galicia Spin-Off como Idea Emerxente, desenvolve unha plataforma para conducir ADN e ARN ao interior das células

Radiografía do consumo de alimentos ultraprocesados na infancia: “Estase a perder a dieta atlántica”

Unha investigación con participación galega relaciona este tipo de comida con sobrepreso e obesidade, resistencia á insulina e dislipemias en idades preescolares

A historia de Sancha e do crego Vivian: vivir á marxe do matrimonio no Lugo do século XIII

Un estudo da USC analiza dous textos do mosteiro de Oseira nos que aparece por primeira vez na documentación galega a palabra "concubina" dunha forma non represiva

Que hai detrás dunha axuda Marie Curie? Catro investigadores contan como conseguiron a súa

Atopar un grupo receptor complementario, construír un proxecto sólido e contar con apoio institucional son algunhas das claves que destacan os beneficiarios das bolsas europeas no CiQUS