Bioplásticos a partir de residuos da industria pesqueira: outro paso cara á sustentabilidade

Un consorcio promovido pola USC pretende crear con residuos orgánicos materiais biodegradables que sustitúan aos polímeros convencionais

Unha investigación na que interveñen profesionais da Universidade de Santiago busca, a través da biotecnoloxía, converter os efluentes residuais e os subprodutos xerados na industria transformadora da pesca en potenciais materias primas para a produción de materiais biodegradables aplicables como substitutos do plástico tradicional.

O avance forma parte do proxecto Biocenplas (Biorrefinería centralizada para a valorización de efluentes do sector transformador de peixe en forma de  bioplásticos)  é , no que interveñen Almudena Hospido, Anuska Mosquera, Héctor Rodríguez e Ángeles Val del Río, pretende en concreto aproveitar os residuos orgánicos, tanto sólidos como líquidos, para obter bioplásticos, especificamente, polihidroxialcanoatos (PHA).

Publicidade

Esta investigación, froito do consorcio formado pola USC a través do Centro Interdisciplinario de Investigación en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS), Cetaqua e Centro Tecnolóxico da auga, e liderada por ANFACO- CECOPESCA, botou a andar en decembro do ano pasado co financiamento da Unión Europea mediante os fondos de resiliencia Next Generation a través do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA). O sistema biotecnolóxico busca contribuír a mellorar a sustentabilidade do sector diminuíndo a produción de residuos e o consumo enerxético.

Os bioplásticos producidos pódense xestionar con outros residuos orgánicos, xa que se degradan en poucos meses

“É importante resaltar que a principal vantaxe deste proceso é que os  bioplásticos producidos pódense xestionar xunto con outros residuos orgánicos xa que se degradan no medio ambiente en poucos meses, ao contrario que os plásticos convencionais, que poden necesitar centos de anos para completar o proceso, e son responsables dunha importante contaminación química, afectando os seres vivos próximos”, apuntan dende o consorcio. “A substitución dos plásticos convencionais por  bioplásticos reducirá significativamente o impacto ambiental actual destes materiais producindo tamén un beneficio social”, engaden dende o CRETUS.

Publicidade

Nunha primeira etapa, a materia orgánica do residuo convértese en ácidos graxos volátiles, que son o alimento do cultivo microbiano e permiten acumular o biopolímero no interior das células microbianas. Dito polímero, unha vez extraído da biomasa acumuladora, será convertido nun bioplástico para ser utilizado como material alternativo a plásticos convencionais de amplo uso en alimentación como o polipropileno (PP) e polietilenos (LDPE e HDPE).

Innovación sostible

Na actualidade, xa se están xerando PHA doutros subprodutos como os agrícolas, é dicir, a partir de carbohidratos, polo que a novidade que introduce esta investigación é a produción destes bioplásticos a partir de fontes ricas en proteínas. Para o equipo investigador, isto suporía unha diferenza na composición final do polímero, polo que as súas potenciais aplicacións tamén serían diferentes.

A investigación supón un impulso cara a unha innovación sostible e respectuosa co medio ambiente no sector transformador da pesca e busca apoiar ás empresas do sector na súa aposta pola economía circular e a sustentabilidade, reducindo o uso de plástico tradicional e buscando alternativas técnica, económica e ambientalmente viables. Polo momento, algunhas empresas do sector xa se mostraron interesadas en poñer en valor os seus residuos e en apoiar o proxecto, entre elas Nova Pescanova, Peixes Rubén, Ignacio González Montes,  Atunlo ou Mexillóns Nidal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O 9% dos afogamentos en Galicia corresponden a intentos de suicidio

Un estudo da USC e da UVigo conclúe que o maior número de casos se produce nos maiores de 65 anos, en contornas rurais e sen testemuñas

A riqueza baixo os carballos: un estudo pioneiro con participación da USC revela a súa diversidade fúnxica

A investigación identifica 297 especies asociadas ás raíces destas árbores no norte peninsular e confirma a existencia de extensas redes biolóxicas

Un estudo da USC valida novos sistemas para eliminar contaminantes emerxentes nas augas residuais

A tese de Matías Rivadulla demostrou que algúns métodos innovadores permitiron eliminar máis do 90% dalgúns compostos farmacéuticos

Premiados sete investigadores e investigadoras mozos pola súa contribución ao avance científico galego

Verónica Bolón, Laura Castro, María Barreiro, Manuel Souto, Ismael González, Lucía Díaz e Rubén Lado reciben os galardóns organizados pola RAGC-UIE