Unha foca en estado grave é rescatada nunha praia do norte de Lugo

O mamífero foi trasladado á Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños para recibir atención veterinaria e comunican que "están sendo días moi críticos"

Durante o inverno é usual que as focas cheguen ás costas de Galicia. Deste xeito, o pasado domingo atopouse un lobo mariño cincento na praia de A Limosa, en Cervo, na provincia de Lugo. Trátase dun macho pequeno que apareceu en estado débil, con pouco peso e que precisa de atención veterinaria continuada. Actualmente, atópase en Nigrán, baixo a responsabilidade e atención da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma).

Polo xeral, dende o Cemma apuntan que aparecen “entre 10 e 40 exemplares cada ano, pero varía moito en función das condicións climáticas”. Non obstante, aclaran que “non sempre teñen que recolleras a todas, senón só aquelas que o precisen”, como ocorreu nesta ocasión.

Publicidade

Operativo de rescate

O avistamento deste animaliño foi posible grazas a unha persoa que estaba camiñando polo paseo da praia de A Limosa e alertou ao 112 da presenza do mamífero na beira do mar.

O aviso de alarma mobilizou a Medio Ambiente do Concello de Cervo e a efectivos do GES, que contactaron con membros da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) para participar no operativo e para que, posteriormente, se encargasen de examinar e coidar a esta foquiña antes de proceder a súa liberación. Ademais, tamén contaron con axuda veciñal.

Publicidade

Así mesmo, outro punto apoio para o coidado do mamífero é o convenio que a Cemma asinou coa Xunta de Galicia e coa Rede de Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica que financian a Rede de Varamentos de Galicia.

Estado de saúde

Esta cría de lobo mariño apareceu moi debilitada e, tras a primeira intervención veterinaria na xornada do luns, continúa en observación. Dende o Cemma informan que “están sendo días moi críticos. Con amencer o día coa foca respirando, xa é un éxito”, manifestan.

Porén, a data en que poderá procederse á liberación do animal descoñécese. A este respecto, a ONG galega sinala que “no momento en que se colle un animal nunca hai unha previsión de liberalo, é el quen ten que ir dicindo se vai ben ou mal”. Neste sentido, en función da resposta diaria do ser vivo sinalan que se deben ir “aplicando os tratamentos respectivos”, de modo que a liberación pode producirse “dentro dun mes ou dentro dun ano”, puntualizan.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Percepción do piropo entre a mocidade galega: só o 25% dos rapaces se sente mal cando o emite

Unha tese doutoral investiga a obxectivización do corpo das muller a través desta antiga práctica en 232 adolescentes de Pontevedra e Ourense

Do cambio climático aos patóxenos: as claves do acusado declive da zamburiña en Galicia

Un grupo do IIM-CSIC inicia unha investigación no único banco natural explotable en Galicia que apunta unha combinación de múltiples factores

▪️ Galicia rexistrou a primavera máis seca dende 1990

O último informe de Meteogalicia indica que nos meses de marzo, abril e maio houbo un 46% menos de precipitacións do habitual para o período

Cinco motivos polos que a Unesco tumba a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Un informe do Icomos sinala deficiencias na representatividade, na metodoloxía, no descenso demográfico e nos efectos das infraestruturas sobre o valor da paisaxe