Un biólogo santiagués descubre dúas novas especies de 'animal musgo'

A illa portuguesa de Madeira é considerada un punto quente de diversidade de briozoos, organismos coloniais principalmente mariños tamén chamados ‘animais musgo’ porque o seu aspecto na auga fai que semellen este vexetal. Un investigador da Universidade de Santiago, Javier Souto, ven de descubrir dúas novas especies de briozoos e outra que, ata o momento, só se encontrara en augas de Río de Janeiro (Brasil).

Javier Souto Derungs.
Javier Souto Derungs.

Na actualidade, en Madeira coñécense unhas 140 especies de briozoos. Pero a maior parte do coñecemento que se ten dos animais desta zona provén de traballos realizados por investigadores ingleses de finais do século XIX e principios do XX.
Nos últimos anos, a aplicación de técnicas de estudo máis modernas, así como o uso de microscopía electrónica, permitiron unha análise máis detallada da diversidade destes organismos ao distinguir mellor entre especies. Con esta tecnoloxía os investigadores son capaces de comparar na maioría dos casos o material recollido agora con material de coleccións antigas.
Souto, xunto a investigadores portugueses, atopou de dúas novas especies: Favosipora purpurea e Rhynchozoon papuliferum, un achádego que publica agora na revista Zootaxa. “Neste traballo, non só descríbense dúas especies de briozoos novas para a ciencia, senón que tamén vólvese describir seis especies xa coñecidas na illa de Madeira, e unha especie que se consideraba endémica do Brasil e foi encontrada por primeira vez fóra destas augas”, informa Souto, do departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física da Universidade de Santiago de Compostela.

As novas especies son comparadas con mostras do século XIX conservadas en Manchester

Para chegar a estas conclusións, o equipo estudou material recollido polos propios investigadores e mostras recollidas a finais do século XIX e conservadas no Museo de Manchester (Reino Unido). “Así puidemos comprobar que todo este material correspondía a unha especie nunca descrita anteriormente, á que chamamos Rhynchozoon papuliferum,” indica Souto.
Por outro lado, Favosipora purpurea, que adopta o nome pola cor das colonias, representa a primeira especie pertencente a este xénero descrita no océano Atlántico, e que antes só se coñecía do Pacífico e Índico. En canto ás súas características, é máis ou menos circular cun diámetro de dous centímetros.
Os briozoos son unha especies moi pequenas, que pasan desapercibidas no mar porque forman colonias que semellan ser unha especie de musgo. Actualmente coñécense unhas 6.000 especies no mundo, pero estímase que poden existir ao redor de 11.000 especies.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Descuberta na illa de Tambo unha especie de musgo única en Galicia

A planta está documentada noutros puntos da península ibérica, como Asturias e a zona mediterránea, e nos arquipélagos de Azores e Canarias

É a caza unha medida eficaz para controlar as poboacións de xabarís? Isto opinan os expertos

Algunhas voces apuntan que nunha emerxencia cinexética as batidas favorecen a reprodución do porco bravo

Que enfermidades parasitarias poden transmitirnos os animais?

A leishmaniose e a toxoplasmose son dúas das zoonoses parasitarias que se poden contaxiar por contacto directo e inxestión, entre outras

Por que o teu gato sempre te esperta de madrugada?

A fame, a falta dunha rutina ou a necesidade de queimar enerxía son os motivos máis comúns polos que o felino non te deixa descansar