A magnífica nebulosa Cabeza de Cabalo

Nebulosa Cabeza de Cabalo
Créditos da imaxe e copyright: datos: Giuseppe Carmine Iaffaldano; procesado: Roberto Colombari.

Explicación: esculpida por ventos e radiacións estelares, unha magnífica nube de po interestelar pode adquirir de casualidade unha forma recoñecible. Axeitadamente chamada a nebulosa Cabeza de Cabalo, está a uns 1.500 anos luz de distancia, incrustada no enorme complexo de nubes de Orión. Cuns cinco anos luz de “altura”, a nube escura está catalogada coma Barnard 33 e pode ollarse só debido a que o seu po escuro está perfilado contra a brillante nebulosa de emisión vermella IC 434. As estrelas están a formarse no interior da nube escura. En contraste, temos a nebulosa de reflexión azul NGC 2023, que arrodea a unha estrela moza e quente, que está na parte inferior esquerda. A espectacular imaxe publicada combina imaxes tanto de banda estreita como ancha.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais

Dende Doniños ata Francia: así viviron as grandes científicas e científicos galegos a eclipse total de Sol

O fenómeno do 12 de agosto reuniu a referentes da ciencia en distintos puntos do mapa, que o viron en praias e xardíns