Un alemán vivía cun lobo en Ourense pensando que era un can

As probas de ADN realizadas pola Garda Civil determinaron que era un canis lupus signatus, que ademais ten tres cachorros

Pensaba que era un can, pero estaba a convivir cun lobo. No municipio ourensán de Quitenla de Leirado, Michel, un alemán afincado en Galicia, levaba anos convivindo co que el cría que era unha cadela da raza lobo checo. Tiña toda a documentación en regra que así o acreditaba e o cánido contaba co chip identificativo regulamentario. Pero desde hai anos, os seus veciños sospeitaban que a cadela de Michel era realmente unha loba ibérica.

Un deles chamou á Garda Civil de Ourense e comezaron as investigacións. O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Comandancia da provincia informou esta mañá que o pasado 14 de novembro tivo coñecemento de que un veciño de Quintela de Leirado tiña nunha leira próxima á súa vivenda un cánido que polo seu comportamento e morfoloxía podería tratarse realmente dun lobo. Tras inspeccionar ao animal, o Seprona recolleu o pasado día 10 de febreiro unha mostra biolóxica e enviouna para analizar o ADN co fin de desvelar a incógnita e a través dos xenes determinar con seguridade de que raza se trataba.

Publicidade

As probas realizáronse no Departamento de Medio Ambiente do Servizo de Criminalística da Garda Civil. “Obtívose o perfil xenético dos restos biolóxicos analizados, e confirmouse que se trataba dun exemplar de Canis lupus signatus (Lobo ibérico)”, explica a Garda Civil nunha nota de prensa.

Pero a loba tivera tres cachorros híbridos tras cruzarse cun can común, que tamén estaban ao cargo do alemán. Desde o pasado 12 de febreiro, os catro animais están ao cargo do Servizo de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. O seu propietario entregounos voluntariamente para que os coidasen.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Unha masa de aire africano trae temperaturas por enriba dos 30 graos en Galicia a partir do xoves

O fenómeno elevará as máximas ata 37ºC en Ourense e deixará valores próximos aos 30ºC en boa parte do territorio, con aviso amarelo no interior

Ten sentido fixarnos no pasado para conservar o lobo?

A súa distribución presente e futura verase condicionada pola densidade das presas silvestres máis que pola do gando. Por Alejandro Martínez Abraín (UDC) e Daniel Oro

A eclipse total de Sol xa está aquí: a guía definitiva sobre a cita astronómica do ano en Galicia

O territorio será protagonista máis dun século despois do último fenómeno, coa Coruña e Lugo na totalidade e as nubes como principal incógnita para a observación