Unha tese sobre o combustible nas copas e o efecto das claras, nova achega fronte aos incendios

O investigador Stéfano Arellano realizou a investigación na EPS de Lugo, e nela desenvolve modelos para estimar o combustible dispoñible no dosel arbóreo

A tese de doutoramento do enxeñeiro de Montes Stéfano Arellano Pérez, desenvolvida na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC, proporciona novas ferramentas para avanzar na loita contra os lumes forestais a través da análise do dosel arbóreo (a zona superior das árbores, nas copas) e do efecto das claras na erosión do solo. O traballo leva por título ‘Caracterización do combustible do dosel arbóreo mediante sensores remotos e avaliación do efecto das claras sobre o comportamento e a severidade potenciais do lume en piñeirais do NO de España’, e foi dirixida por Ana Daría Ruiz, do grupo de investigación Uxafores da EPSE da USC, e José Antonio Vega, do departamento de Protección Forestal do Centro de Investigación Forestal de Lourizán (Pontevedra),

A investigación de Arellano deu pé ao desenvolvemento de modelos para estimar a carga de combustible dispoñible para a propagación do lume no dosel arbóreo e a forma en que se distribúe entre o ápice e a base das copas, tanto a partir de datos LiDAR como de variables de rodal medidas no campo.

Publicidade

Outras das achegas que reporta a tese de doutoramento realizada porlo xa doutor, nun novo marco de colaboración entre o grupo Uxafores e o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, tradúcese na obtención de modelos de estimación de características do combustible forestal de superficie e do dosel arbóreo que afectan á combustibilidade da formación a partir de imaxes do satélite Sentinel-2A. O emprego dos modelos baseados en sensores remotos permitirá asemade xerar cartografía do potencial risco de incendio das copas baixo diferentes escenarios meteorolóxicos, subliña o investigador.

En 2017m cando estaba comezando a súa tese, Stéfano Arellano publicou o libro ‘Foto-Guía de combustibles forestais de Galicia e comportamento do lume asociado”. Agora, na súa tese, avalía o efecto a medio prazo do tratamento silvícola de clara sobre o combustible da superficie. O potencial comportamento e a severidade dos lumes, así como a capacidade dos rodais queimados para protexer o solo fronte á erosión despois do incendio, constitúen outros dos parámetros analizados nesta tese.

Publicidade

Os datos compilados por este enxeñeiro de Montes titulado na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC responden a estudos realizados en piñeirais do noroeste de España e achegan nova información sobre os combustibles forestais, datos que conecta co comportamento agardado do lume nos incendios. A incorporación desta información resulta de gran utilidade no solo para as tarefas de xestión dos lumes forestais, senón tamén para os propios traballos de xestión forestal no plano xeral.

O tribunal encargado de avaliar a tese de doutoramento presentada por Stéfano Arellano Pérez, unha investigación que opta a mención internacional, estivo presidido pola doutora María Mercedes Guijarro Guzmán, do Cifor-INIA de Madrid. A tamén doutora Brigite Roxo Botequim, do Instituto Superior de Agronomía da Universidade de Lisboa, e o catedrático da USC Roque Rodríguez Soalleiro, completaron os membros dun tribunal que outorgou a máxima cualificación a esta tese de doutoramento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego constata que o despoboamento rural e o envellecemento favorecen os grandes incendios

Un informe elaborado por Juan Picos e o Eixo Atlántico analiza os lumes producidos na última década en preto de 5.000 entidades locais de España, Portugal e Francia

O lume a vista de paxaro: descubre como se combate un incendio dende o helicóptero

A conta da rede social X da Xunta de Galicia dedicada á prevención fronte ao fogo publica un vídeo sobre como loitan os medios aéreos contra as lapas

Así funciona a nova aplicación gratuíta para alertar dos lumes en Galicia

A Xunta presenta melloras tecnolóxicas como o lanzamento dun sistema de avisos cidadán e a incorporación de intelixencia artificial á rede de videovixilancia

A carracha que transmite Crimea-Congo duplícase nun ano e conquista novas zonas en Galicia

O grupo COPAR da USC identifica o parasito en 27 concellos de Lugo e Ourense e detecta anticorpos fronte ao virus en 14 animais de granxa das catro provincias