Máis de 30 terremotos en Pontevedra nun enxame sísmico

Máis de 30 terremotos, segundo os datos recollidos polo Instituto Geográfico Nacional (IGN) sacudiron entre a tarde do martes e esta madrugada do mércores o interior da provincia de Pontevedra, nos concellos de Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas. O maior destes terremotos, co hipocentro a 11 quilómetros de profundidade, que acadou unha magnitude de 3,1, tivo lugar ás 20.04 horas, e o epicentro localizouse preto da localidade da Chan, en Cotobade, e foi percibido por algúns veciños.

Esta serie sísmica, anómala nesta zona de Galicia, comezou pasadas as 18.30 horas, cun tremor de magnitude 2,6 que se produciu ao noroeste da capital municipal de Ponte Caldelas. A terra seguiu tremendo nunha área de poucos quilómetros durante as seguintes horas, con magnitudes máximas de 2,7 (ás 20.47 e ás 22.11 horas), 2,6 (ás 21.21) e 2,5 (ás 19.01). Máis doutra ducia de terremotos superaron, do mesmo xeito a magnitude 2.

Publicidade

Á media noite continuaba esta pouco frecuente cadea de sismos moi próximos entre si. Desde as 00.11 ata as 00.45 horas da madrugada do mércores, en apenas media hora, o IGN daba conta de catro novos terremotos, con magnitudes arredor de 2.

Na madrugada continuaron os movementos sísmicos, especialmente sobre as 3.00 horas, cando houbo unha cadea continuada cada poucos minutos, coas seguintes magnitudes e horas: 2,5 (02.52h), 2 (02.57h), 1,6 (03.01h), 1,9 (03.07h), 2,3 (3,20h)… e continuou con novos sismos ata o de 2,6 graos rexistrado ás 5.51 horas.

Publicidade

Na madrugada do mércores ao xoves continuou a actividade sísmica con novos terremotos, de magnitude elevada. Ás 3.07 da mañá houbo un sismo de 2,9 en O Toural e ás 3.18h no propio municipio de Pontevedra.

Aquí podes ler a nosa entrevista sobre estes terremotos co catedrático Vidal Romaní

E aquí a nosa reportaxe falando con expertos do Instituto Geográfico Nacional

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Volven as G-Night: máis de 150 actividades científicas nas rúas das sete cidades galegas

Máis de 500 investigadores achegar experimentos, obradoiros e demostracións a públicos de todas as idades o 25 de setembro

Viaxar no tempo

As últimas escavacións en Santa Clara sacan á luz un tesouro arqueolóxico. Por Laura Filloy

O equipo de Santa Clara cre que o cerebro saponificado pertenceu a unha monxa de entre os séculos XVII e XIX

O órgano atopouse durante e escavación de tres tumbas no coro baixo da igrexa e agora está depositado nunha cámara frigorífica da USC para garantir a súa conservación