Retiran do porto de Vigo unha cría de balea morta que chocara cunha embarcación

De tres ou catro meses, o animal migraba coa súa nai cando un impacto lle produciu unha grave ferida na columna

A pasada tarde do luns apareceu un exemplar de balea común (Balaenoptera physalus) varada en Bouzas, no porto de Vigo. O animal, duns nove metros de lonxitude, foi remolcado por Salvamento Marítimo. A Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Marinos (CEMMA) trasladouse este martes ao lugar para tomar mostras, e corroborou que se trata dunha cría duns poucos meses, que migraba coa súa nai cando faleceu tras colisionar cun gran barco.

Foi a embarcación Plátano quen avisou do avistamento desta balea en augas de Bouzas. Ata que o animal foi recollido por Salvamento Marítimo estivo atado no Berbés, atado cunha corda no peirao. Cando subiu a marea, unha grúa facilitou a retirada do cetáceo da auga. Os técnicos achegáronse á zona para realizar unha necropsia e coñecer as causas do falecemento.

Publicidade

O CEMMA informou de que a criatura ten entre tres e catro meses e pesa seis toneladas. Durante unha migración oceánica, a pequena balea chocou cun barco causándolle unha gran ferida na súa columna, que se aprecia a simple vista, tamén no desvío da súa cola. As mostras foron desprazadas ata a Xestora Subprodutos de Galicia, en Cerceda (A Coruña).

Non é a primeira vez que se realizan este tipo de avistamentos nas costas galegas. Recentemente, apareceu un cetáceo morto na Estación Naval da Graña, en Ferrol. Identificado como cría de rorcual común, tiña uns oito metros de lonxitude e foi atopado flotando boca abaixo nas augas do peirao.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Do 100% ao 36% nun trienio: a “preocupante” evolución da seca nos encoros galegos

A serie histórica de Eiras vai en liña coa situación de Cecebre, que marca o seu mínimo dos últimos 15 anos tras reducir case á metade as súas reservas

Especie vulnerable ou en perigo crítico? Un documental analiza a situación da candorca ibérica

O proxecto, no que participa a CEMMA, achega a visión de diferentes expertos sobre as interaccións cos cetáceos e incide en que non deben considerarse ataques

Cidades nas que vivir

Un estudo analiza os patróns de xentrificación en Vigo, Santiago e A Coruña