O Reino Unido bate o seu récord de tempo sen consumir carbón

Acumula case 170 horas sen queimar este combustible fósil, no marco dunha estratexia nacional para acabar coa dependencia nos vindeiros anos

Non se pode entender a Revolución Industrial, nacida no Reino Unido, sen a dependencia do carbón. A queima deste combustible fósil impulsou o crecemento das grandes factorías e, ao tempo, aumentou tamén a emisión de gases contaminantes causantes do efecto invernadoiro que hoxe padece o planeta. E precisamente no Reino Unido estase a vivir un dos feitos que podería marcar o camiño cara a unha produción de enerxía máis sostible co medio ambiente: ata o mediodía deste mércores 8 de maio, o país suma case 170 horas sen consumir carbón para a xeración de electricidade.

A cifra supera o anterior récord, superado o pasado mes de abril, cando o país permaneceu máis de 90 horas sen recorrer a este combustible fósil. A primeira vez que o Reino Unido viviu un día enteiro sen queimar carbón desde a Revolución Industrial foi en abril de 2017. A nova súmase a outras relevantes en canto á redución da dependencia dos combustibles fósiles; así, por exemplo, Portugal conseguiu en marzo do ano pasado producir toda a enerxía que consumiu con fontes renovables.

Publicidade

“A medida que máis enerxías renovables se incorporan ao noso sistema enerxético, os episodios sen consumo de carbón incrementaranse, e acabarán sendo habituais”, apuntou a Bloomberg un portavoz do UK National Grid, e engadiu: “Cremos que en 2025 o sistema eléctrico de Gran Bretaña poderá operar totalmente sen carbón”.

Con este novo período, acumúlanse xa máis de 1.000 horas sen queimar o combustible no que vai de 2019, coa conseguinte redución de emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera. As plantas térmicas que queiman carbón son unha das principais fontes de contaminación neste sentido; así, a central das Pontes converteuse o ano pasado na máis contaminante de España e a 17ª de Europa.

Publicidade

Hai só 10 anos, a contribución do carbón á xeración de enerxía no Reino Unido era do 40%, e hoxe caeu por debaixo do 10%, cunha redución especialmente significativa entre 2012 e 2018, baixando nun 88%. Neste tempo, as outras fontes, como o gas (39,5%), a nuclear (19,5%) e o conxunto das renovables (33,3%) incrementaron a súa presenza.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"

Ourense, Lugo e Santiago, as cidades galegas con máis mortes por calor na última década

O informe de 2026 do 'Lancet Countdown' revela que o cambio climático ten consecuencias directas sobre a saúde pública nas urbes europeas

Que pasa despois das chamas: a recuperación do monte tras un incendio forestal

No que levamos de ano e ata o 20 de agosto, arderon en España 262.000 hectáreas, fronte á media de 105.600 hectáreas queimadas de 2015 un 2024

O polbo e dúas especies de lura, entre os cefalópodos máis vulnerables ao quecemento do mar en Galicia

Un estudo internacional no que participa o IEO de Vigo analiza como a temperatura, salinidade e profundidade condicionan a distribución das especies