Publicada a primeira foto-guía de combustibles forestais de Galicia

Investigadores do grupo Unidade de Xestión Forestal Sostible (UXFS) da Escola Politécnica Superior (EPS) do Campus Terra da USC elaboran a primeira clasificación dos principais combustibles forestais de Galicia, unha publicación que leva por título ‘Foto-guía de combustibles forestais de Galicia’.

Este volume, en cuxa primeira versión participaron como autores os investigadores da EPS Stéfano Arellano, José A. Vega, Ana D. Ruiz, Antonio Arellano, Juan Gabriel Álvarez, Daniel J. Vega e Elena Pérez, establece catro grandes grupos diferentes de combustibles forestais (herbazais, arbustos, arborado de folla perenne e arborado de folla caduca).

Publicidade

Os autores desta publicación subdividen asemade estes catro grandes grupos en varios subgrupos, atendendo ao criterio botánico de xénero e distinguen así entre as diferentes especies que dan lugar a situacións de combustible. Daquela, a citada publicación inclúe un total de 150 situacións de combustible, cuxo contido se recolle noutras tantas fichas.

Cada unha das fichas compiladas nesta foto-guía inclúe imaxes xerais de calidade e información completa e detallada das características fisionómicas, estruturais e dasonómicas das situacións de combustible avaliadas. Esta información aparece asemade relacionada con predicións de comportamento de lume asociadas a cada situación de combustible nas fichas.

Publicidade

 O estudo axudará na extinción de incendios forestais

As variables do comportamento do lume contempladas son: velocidade de propagación do lume en superficie e en copas, lonxitude das lapas, distancia dos focos secundarios e tipo de ataque ao lume e medios convenientes. Este estudo, que vén de presentarse en Lourizán no marco dun obradoiro sobre xestión preventiva de combustibles forestais, pode servir de gran utilidade á hora de avaliar o risco dos citados combustibles, ademais de para xerar cartografía dos mesmos, deseñar e avaliar tratamentos preventivos e tamén para predicir o comportamento do lume na extinción de incendios.

 A elaboración e posterior publicación da primeira ‘Foto-guía de combustibles forestais de Galicia’ contou con financiamento a cargo de diversos proxectos nacionais e rexionais que recibiron partidas dos fondos Feder. Na realización dos traballos compilados neste volume colaboraron, ademais da USC, o Centro de Investigación Forestal de Lourizán, Ingacal, INIA, Satfor, Universidade de Juárez do Estado de Durango (México), Inditex e a Xunta de Galicia, a través das consellerías de Educación e Ordenación Universitaria e de Medio Rural, así como da Axencia Galega de Innovación (GAIN).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadores do CiMUS abren unha vía nova para combater o carcinoma de tiroide máis agresivo

O proxecto siRNA, apoiado polo programa Ignicia da Xunta, desenvolve unha terapia experimental para matar as células tumorais de diversos cancros indiferenciados

Imprimir directamente na boca: un proxecto galego busca acelerar a rexeneración ósea dental

Investigadores do CICA desenvolven un biopen portátil para reproducir enxertos en 3D adaptados ao desperfecto de cada paciente

Unha investigación galega propón un tratamento contra a artrose que ataca o envellecemento celular

O proxecto SENPAD desenvólvese no marco da convocatoria Ignicia Proba de Concepto articulada pola Axencia Galega de Innovación

Un fármaco para recuperarse tras un ictus e unha tecnoloxía de selado de latas, Premios á Transferencia

Os galardóns que outorgan a Real Academia Galega de Ciencias e a Axencia Galega de Innovación premian un grupo do IDIS e outro da UVigo