A nova primavera trae un eclipse total de lúa: descobre cando

Veñen de comezar os case 93 días que durará a estación, que finalizará o 21 de xuño ás 11,14 horas

A primavera iniciouse este domingo día 20 ás 16,34 horas e durará ata as 11,14 do 21 de xuño. Así o fixo saber o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela (USC), José Ángel Docobo.

Nestes días na contorna do equinoccio, a duración das horas de luz e de escuridade son teoricamente iguais; o sol sae exactamente polo leste e o solpor prodúcese exactamente ao oeste. Porén, debido á luz crepuscular, antes da saída do sol e logo do solpor, a claridade supera a escuridade.

Publicidade

Astronomía

Nos case 93 días que durará a primavera, terá lugar un eclipse total de lúa o 16 de maio, sendo visible en prácticamente toda a península. A fase parcial comezará ás 4,28 da madrugada e a total ás 5,29, durando esta última asta as 6,54. A lúa vaise poñer en Galicia ás 7,15, aínda sen rematar a fase parcial.

O panorama astronómico tamén contará con choivas de estrelas e unha conxunción planetaria

Nestas xornadas tamén se producirán as choivas de estrelas típicas da primavera: Líridas e eta-Acuáridas, as cales teñen os seus máximos os días 22 de abril e 6 de maio respectivamente.

Publicidade

Do mesmo xeito, o director do observatorio fai fincapé na interesante conxunción planetaria que se dará nas próximas semanas antes do amencer, xa que Saturno, Venus e Marte sairán xuntos. A eles, uniranse a lúa, entre o 27 e o 29 de marzo, e Xúpiter, nos primeiros días de abril.

Meteoroloxía

En total, o observatorio puido recoller 391,5 litros por metro cadrado correspondentes ás precipitacións do inverno compostelán, polo que pode considerarse que foi unha estación bastante seca. En concreto, 138,9 foron recollidos nos últimos dez días de decembro, 64,1 en xaneiro, 52,9 en febreiro e 135,6 nos primeiros vinte días de marzo.

Con todo, o profesor Docobo sinala que nos últimos 50 anos xa houbo invernos aínda máis secos que o que vén de darse na capital galega. Por exemplo, segundo os datos rexistrados na USC, no inverno 2011-2012 recolléronse 100,8 litros por metro cadrado. E, malia que a media dos invernos sitúase en Santiago en torno aos 600, téñense producido invernos que non superan os 380.

O inverno contou con 41 días de precipitacións e temperaturas máximas récord o día 1 de xaneiro

Seguindo coas precipitacións, contabilizáronse oito días de choiva a finais de decembro, dez en xaneiro, doce en febreiro e once nos primeiros de marzo. En total, 41 días aos que hai que engadir catro con precipitación inapreciable ao recollerse menos de 0,1 litros por metro cadrado.

Con respecto ao termómetro, destaca a máxima de 21,5º acadada o primeiro de xaneiro, apuntada polo director do observatorio como un récord histórico. Ese mesmo día, a temperatura mínima non baixou dos 15,1º, unhas medidas ás que ás veces non se chega nalgúns días da época estival.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Logran por primeira vez a edición xenética dun xene de susceptibilidade nunha especie forestal, o castiñeiro

A USC participa nun estudo internacional liderado dende Galicia que supón un avance significativo na loita contra enfermidades como a tinta

A USC deseña un sistema pioneiro de monitorización da humidade en cultivos de mosca soldado negra

O proxecto desenvolve un modelo que permita aumentar a produción de proteínas, graxas e fertilizante de forma máis eficiente e sostible

O CiQUS, na elite da ciencia co selo María de Maeztu: “É un recoñecemento ao traballo dos últimos anos”

O investimento previsto para o centro da USC impulsará a captación de talento, a creación de novas infraestruturas e liñas de investigación

Un estudo galego explora o uso de virus para combater as infeccións de ouriña resistentes aos antibióticos

Un estudo liderado dende Galicia analiza un dos patóxenos que máis preocupa nos hospitais e reforza o potencial dos bacteriófagos