Novo revés para a planta de metanol xunto ao Invernadeiro

As alegacións da Sociedade Galega de Historia Natural fan inviables as previsións da empresa para tomar auga do Río Camba, á beira do parque natural

Hai catro anos coñeceuse o proxecto da sociedade Paratermo Energía para construír unha gran planta de produción de metanol, co fin de usalo como biocombustible, nas Fomelos de Filloás e Fradelos, no concello de Viana do Bolo. As previsións falaban de máis de 60 postos de traballo para unha industria que obtería o seu produto final mediante a gasificación producida pola queima de carbón e usando enerxía solar, ademais de grandes cantidades de auga. Esta semana, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) anunciou esta semana que grazas ás súas alegacións, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil denegou o aproveitamento do río Camba, situado á beira do parque natural do Invernadeiro, para uso desta industria. “Sen auga para o proxecto frústanse as intencións de Paratermo Energía de obter un cambio na Declaración de Impacto Ambiental”, expón a entidade ecoloxista. A Xunta xa se pronunciara en contra da iniciativa cun informe desfavorable en 2017.

Ao saber dos dato do proxecto chamaron a atención, a SGHN protestou por esta iniciativa. A entidade ecoloxista cualificou o plan de “faraónico e fantasioso” e presentou alegacións en 2016 contra o proxecto. Entre outros datos, a SGHN alertaba do consumo de 75.000 toneladas ao ano de carbón (xerando 18.750 de cinzas) e 37.500 metros cúbicos de auga procedente do río Camba. Ademais, instalaríanse tres grandes estruturas de 83 metros de diámetro para captar enerxía solar, a maiores das propias naves da empresa, “totalmente imposibles de integrar na paisaxe da zona”.

Publicidade

A SGHN subliñou que a área do río Camba que ía ser utilizada pola planta de metanol está dentro da proposta de ampliación da Rede Natura 2000.
A SGHN subliñou que a área do río Camba que ía ser utilizada pola planta de metanol está dentro da proposta de ampliación da Rede Natura 2000.

A SGHN tamén avisaba do impacto paisaxístico, xa que as instalacións estarían “a menos de 6 km do Parque Natural do Invernadoiro, a menos de 2 km da ZEC Macizo Central Ourensán, e nun tramo do río Camba incluido na “Proposta de Ampliación da Rede Natura 2000 de Galicia” . Do mesmo xeito, afectaría a varios hábitats de interese comunitario e doce especies incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

Neste aspecto do río Camba céntrase o novo revés para a industria, a pesar de que nos últimos meses parecía ter superados os últimos trámites para a súa implantación en Viana do Bolo, mesmo coa autorización da Confederación Miño-Sil, que agora se ve denegada. A resolución estima as alegacións da entidade ecoloxista e denega, por tanto, o plan de captar augas do Camba, a un ritmo de 4,95 litros por segundo. Neste río reside, segundo indicou a SGHN, unha das principais poboación do mexillón de río (Margaritifera margatifera) de Galicia, para as que a planta de metanol tería un efecto “crítico”.

Publicidade

Así, a resolución da Hidrográfica agota a vía administrativa, aínda que cabe recurso potestativo de reposición ante o presidente da Confederación, ou ben contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo dun mes e dous meses, respectivamente.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A volta das lapas

As consecuencias dos incendios do verán de 2025 e o primeiro gran lume de 2026. Por Andrea Veiga

A falta de retención dos solos tras os incendios de 2025 agravou as riadas de Ourense

O edafólogo Agustín Merino vincula as escorreduras do 17 de xuño coa escasa revexetación durante o inverno e a ausencia de actuacións de restauración

Cámaras térmicas rexistran 40 graos nun patio escolar de Ourense

A organización Greenpeace mediu as temperaturas de escolas de cinco cidades españolas e determinou que as aulas dun colexio ourensán ten mínimas de 27 graos

▪️ As consecuencias das chuvias torrenciais sobre Ourense

MeteoGalicia rexistra 5.990 raios nas últimas 24 horas e un máximo de vento de 71,6 km/h en Viana do Bolo, un dos concellos máis afectados