Os centros galegos de recuperación atenderon máis de 4.000 animais no que vai de ano

A Xunta incide no grande papel que teñen estas instalacións no coidado dos animais que non estean en condicións de subsistir por si mesmos no medio natural

Máis de catro mil animais atendidos. Esas son as cifras que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de publicar hoxe sobre os catros centros de recuperación de fauna galegos (CRF).

Durante unha visita ao centro situado no Rodicio, no Concello de Maceda, a conselleira Ángeles Vázquez incidiu no papel fundamental que teñen estas instalacións no coidado e recuperación dos exemplares de fauna silvestre autóctona que non estean en condicións de subsistir por si mesmos no medio natural por causas como traumatismos, enfermidades, intoxicación, astenia ou caída dos niños, entre outras.

Publicidade

A maiores, estes centros tamén intentan a reintegración destes animais ao seu hábitat ou, se isto non é posible, na súa inserción en programas de conservación ou de educación ambiental. “Ademais de ser o lugar onde os animais reciben a atención veterinaria que precisan, tamén é o espazo no que tratan de recuperar a capacidade de vivir na natureza coas garantías necesarias para alimentarse, reproducirse e evitar aos predadores”, explicou a conselleira, quen, durante a visita asistiu á liberación dun corzo de cinco meses.

Centro de recuperación de fauna do Rodicio

No que respecta ao CRF do Rodicio, ademais da tarefa de recuperación de fauna silvestre, tamén actúa como centro de información meteorolóxica e colabora con outras consellerías en estudos sobre o terreo de cultivos como, por exemplo, a selección e adaptación de variedade de patacas.

Publicidade

E, por outra banda, leva a cabo un programa de educación ambiental para aqueles centros escolares que o soliciten para concienciar aos máis novos da importancia de conservar a biodiversidade e ofrece a posibilidade de realizar prácticas en colaboración con centros e universidades para alumnado de ciclos forestais, grados universitarios de bioloxía, ciencias ambientais, e outros estudos afíns. Ademais do Rodicio, os outros tres centros de recuperación sitúanse en Oleiros (A Coruña), O Veral (Lugo) e Carballedo (Cerdedo-Cotobade).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía