O nematodo do piñeiro pon en alerta á comarca do Condado

Seis anos despois de que fora detectado no municipio de As Neves, o nematodo do piñeiro volve a causar preocupación na comarca do Condado.A Consellería de Medio Rural confirmou a presenza deste verme nunha plantación da parroquia de Soutolobre, en Salvaterra do Miño, unha zona moi próxima ao anterior caso positivo. De acordo ao protocolo establecido, Medio Rural xa puxo en marcha un plan de acción na contorna da zona afectada.

Segundo o plan de continxencia aprobado polo Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente, deberá procederse á talla das árbores situadas nun radio mínimo de 500 metros arredor do foco, aínda que se pode reducir ata 100 metros por razóns sociais ou medioambientais, previa autorización da Unión Europea. Medio Rural xa confirmou que pedirá ao ministerio dita redución por razóns sociais. Do mesmo xeito, establecerase unha zona de alto risco nunha contorna de 20 quilómetros.

Publicidade

Este verme, coñecido como Bursaphelenchus xylophilus, provoca a seca das follas do piñeiro. O proceso comeza na parte superior da árbore e esténdese posteriormente ao resto da follaxe ata que, finalmente, a árbore morre.

Os plans de acción establecen unha zona de alto risco nun radio de 20 quilómetros

O sector forestal afronta con preocupación este novo caso. A aparición do nematodo no municipio de As Neves en 2010 levou á Consellería de Medio Rural a restrinxir a corta e transporte de árbores na contorna de 20 quilómetros entre os meses de abril e outubro durante cinco anos, ata outubro de 2015, provocando perdas económicas para propietarios de montes e empresarios e traballadores forestais. Polo de agora, segundo informa a Xunta, “non se van suspender temporalmente as autorizacións de corta de especies sensibles dentro desa área, de tal xeito que estas poderán concederse durante todo o ano”. Todo depende, non en tanto, da evolución deste novo caso positivo.

Publicidade

O nematodo do piñeiro, orixinario de Norteamérica, detectouse por primeira vez no continente europeo en Portugal no ano 1999. Desde entón, e debido aos danos causados polo verme, o país luso puxo en marcha un plan de erradicación para impedir que se estendera ao resto do territorio. Trala aparición do verme en As Neves en 2010, desenvolveuse un plan de control que afectou aos concellos de Mos, Ponteareas, As Neves, Salvaterra de Miño, Arbo, A Cañiza, Mondariz-Balneario, Mondariz, Salceda de Caselas, O Porriño, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Redondela, Tui, Melón e Vigo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Inestabilidade e risco extremo de incendio: así será o tempo durante a fin de semana en Galicia

O vento do nordés deixará case 20 graos de diferenza entre o sur e o norte da comunidade galega

O polbo e dúas especies de lura, entre os cefalópodos máis vulnerables ao quecemento do mar en Galicia

Un estudo internacional no que participa o IEO de Vigo analiza como a temperatura, salinidade e profundidade condicionan a distribución das especies

Unha noite máxica: estas son as imaxes da eclipse do 12 de agosto en Galicia

O evento congregou grandes grupos de persoas tanto dentro da franxa de totalidade como na de parcialidade

Un 12 de agosto histórico: a eclipse total que escureceu o día en Galicia

Miles de persoas levantaron a vista ao ceo e sentiron o silencio e frío que acompañaron os minutos nos que a Lúa ocultou por completo o Sol