O lobo mariño Guardesiña regresa ao seu fogar

Guardesiña, na cesta na que vai embarcada cara ó Gran Sol.

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) liberou hoxe a Guardesiña, un lobo mariño que apareceu na costa da Guarda o día 14 de xaneiro,. Tratábase dun exemplar femia de lobo mariño cincento, Halichoerus grypus, de 85 cm de lonxitude e 14 kg de peso que se negaba a volver ao mar. Presentaba síntomas de desnutrición, deshidratación e afección respiratoria, polo que foi ingresado na UCI de Nigrán.

O estado de Guardesiña no momento do ingreso era moi reservado, polo que recibiu tratamento polo equipo veterinario da Rede de Varamentos dunha afección pulmonar grave e desnutrición.

“A evolución nos seguintes días foi positiva, co que mellorou o seu estado xeral, hidratación, nutrición, temperatura corporal, diminuíndo a afección respiratoria e comezando a alimentarse por si mesma”, explican na CEMMA.

Ao acadar os 21 kg de peso, superada a primeira fase da recuperación, Guardesiña foi trasladada á segunda fase da recuperación na piscina do IGAFA, onde estivo dende o 8 de marzo ata acadar os 30 kg de peso.

Unha vez rematada a segunda fase de recuperación no IGAFA, o equipo veterinario deu a alta para permitir a liberación ao medio que se levará a cabo coa colaboración do arrastreiro “Patricia Marta“, con base en Vigo. Hoxe, 28 de abril, embarcou Guardesiña a bordo deste buque, para trasladalo ás augas norteñas do Grand Solé, onde procederá a súa liberación nas augas internacionais dentro dun día e medio.

 Guardesiña supón o 33 lobo mariño recuperado e liberado pola CEMMA dende 1998, 0 que supón unha porcentaxe do 80% dos exemplares de lobos mariños recollidos con vida.

O equipo posa xunto a Guardesiña.
O equipo posa xunto a Guardesiña.

Rede de Varamentos de Galicia está baixo responsabilidade da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia a través do convenio subscrito coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños-CEMMA, que leva a cabo os traballos de asistencia e recuperación de fauna mariña ameazada.

A CEMMA é a única entidade autorizada para a participación na Rede de Varamentos de Galicia a través das autorizacións pertinentes da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia, dado que as especies que manexa están protexidas.

As Unidades Móbiles da CEMMA manteñen unha atención permanente dos avisos de varamentos para o caso de asistencia inmediata fronte a calquera eventualidade. Para iso conta co número activo 24 h 686 98 90 08 e coa conexión directa co teléfono de emerxencias 112 SOS Galicia.

A CEMMA quere agradecer, tras este éxito na recuperación de Guardesiña, ás persoas que participaron na recollida destes animais, Mariñeiros da Guarda, ANABAM, ARVI e armadores e tripulación do arrastreiro “Patricia Marta“, así como ao  equipo de voluntariado de apoio á Rede de varamentos de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.