O inverno chega este xoves ás 17:28 horas

Ás 17:28 horas deste xoves comezará o inverno no hemisferio norte, prolongándose ata as 17:15 horas do 20 de marzo. Remata así outro outono seco, moi semellante ao de 2016. Se na área de Compostela o ano pasado se recolleran 321,1 litros/m2 en 37 xornadas, este ano foron 331,9 nun día menos, se ben 100,5 deles corresponden ao 10 de decembro.

Con respecto aos fenómenos que se poderán observar, dende o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC destacan unha curiosa aliñación nos amenceres de febreiro e marzo dos planetas Saturno, Marte e Xúpiter coas brillantes estrelas Antares e Spica. Entre os días 5 e 11 deses dous meses a Lúa irá percorrendo esa aliñación.

Publicidade

En canto ás dúas eclipses desta estación –total de lúa o 31 de xaneiro e parcial de sol o 15 de febreiro– ningunha será visible en España. O que si se poderá ver é a Mercurio a simple vista antes da saída do sol en torno a fin de ano e a mediados de marzo logo do solpor. Nesta segunda oportunidade Mercurio estará preto de Venus, sendo así máis sinxela a súa localización.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O ‘cameo’ histórico de Castelao: as imaxes do rianxeiro no filme de ficción máis antigo de Galicia viaxan a Italia

O galego interpreta un pequeno papel como pastor protestante en ‘Miss Ledyia’, a película de 1916 que será proxectada no festival de cine mudo de Pordenone

Detrás do ‘biotech’ galego

Unha xornalista de GCiencia viaxa a Bilbao con motivo de BioSpain 2026. Por Andrea Veiga

Así é ImageDataSpace, a rede galega de imaxes médicas para acelerar a investigación e o diagnóstico

A iniciativa conecta centros, universidades e profesionais sanitarios para desenvolver novos algoritmos baseados en IA en cardioloxía, anatomía patolóxica e oftalmoloxía

Galicia presenta no Parlamento Europeo unha ferramenta pioneira para avaliar o uso do galego na IA

O Proxecto Nós, impulsado pola USC, amosa os resultados iniciais de “Arena Nós”, que analiza como os grandes modelos comprenden, xeran e representan a lingua