O golfiño Manoliño consegue liberarse do arpón que lle dispararon

O traballo dos especialistas do Cemma e o esforzo do propio animal conseguiron que se desprendese da bara que lle disparou un submarinista

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) vén de confirmar na mañá deste xoves que o golfiño Manoliño conseguiu liberarse do arpón que levaba pendurado do seu lombo dende hai máis de dúas semanas. Segundo os especialistas do Cemma, grazas aos seus traballos á hora de intentar extirparllo e os propios intentos do golfiño de soltar a bara que algún submarinista lle disparou. Varios mariñeiros que o viron nas últimas horas aseguran que do corpo do animal xa non sobresae varilla algunha e que no seu lugar ten unha ferida perfectamente visible. Foron eles mesmos, de feito, os primeiros en dar o aviso ás autoridades mariñas.

delfín Manoliño leva máis de medio mes cun arpón cravado nun dos seus costados e, ata o de agora, fracasaran todos os intentos de retirarllo. A Coordinadora para o Estudo de Mamíferos Mariños, encargada de organizar o dispositivo de extracción, recoñeceu esta mañá en rolda de prensa dúas grandes dificultades: o aumento da desconfianza do golfiño e o propio medio, o porto do Freixo. Os últimos intentos fallido foron afastando aínda máis ao golfiño das persoas, coas que cada vez tiña menos confianza. Aínda así, logo de que Manoliño se desprendera do arpón, dende o Cemma queren salientar o positivo que é que o arpón non lle danase órganos vitais. Porén, deberán seguir moi atentos para tratar de minguar os potencias problemas que lle dea esta ferida de entre 12 e 20 centímetros de profundidade.

Publicidade

Manoliño xa é un vello coñecido da ría de Muros e Noia, onde vive, polas súas recorrentes interaccións con mariñeiros e nenos en praias e portos da zona. Hai tres semanas, o 112 avisou ao Cemma de que o golfiño estaba nadando no porto do Freixo, en Outes, cun arpón cravado. Dende aquela, un equipo cada vez maior de expertos e voluntarios trataron de retirarlle o instrumento de pesca. Dende o primeiro momento, fontes do Cemma recoñecían a dificultade da operación, posto que o golfiño se mostraba desconfiado e non se deixaba capturar.

Ademais da desconfianza, que xogou moi en contra en todos os intentos de retirar o arpón, o medio no que se move Manoliño non é o máis idóneo para levar a cabo a operación. Un dos inconvenientes aos que se enfrontaron nos intentos levados a cabo foi tamén a marea vermella, que tinguiu a auga e impedía ver ben a Manoliño.

Publicidade

Máis de 90.000 sinaturas por Manoliño

Xusto esta mañá, a plataforma online de peticións Change.org sumaba xa máis de 90.000 firmas para que a Consellería de Medio Ambiente dera os pasos encamiñados a activar un operativo que permita “un rescate seguro” do golfiño Manoliño. A promotora da que campaña é a fotógrafa e activista pola liberación dos cetáceos Yasmín Rodríguez, que explicou que “Manoliño é un golfiño moi coñecido e querido” e, “se non se fai algo rápido, a súa ferida pódese infectar e pode morrer”. Segundo sinalou a plataforma nun comunicado, Rodríguez resaltou na súa última actualización que “varios mariñeiros aseguran ver ao golfiño sen o arpón cravado”. Deste xeito, detallou que se está á espera de que se confirme “como está a ferida que presenta, que é o que pasou e se a outra parte metálica do arpón está dentro”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

De Manoliño a Chilindrín: o tráxico final dos arroaces que marcaron a historia da costa galega

A desaparición de Confi e a súa posible morte deixa a comunidade sen o seu golfiño máis destacado, que nunca conseguiu unirse a unha manda

Aparece un golfiño morto na ría de Noia

O arroaz era unha femia adulta, en período de lactación, e que presentaba signos dunha enfermidade aínda por determinar

O delfín Manoliño segue ferido: fracasa o novo intento de extraerlle o arpón

O equipo de rescate confirma que o golfiño segue a nadar con normalidade e o artefacto non danou ningún órgano vital

“Deixade en paz a Manoliño”: preocupa o acoso ao arroaz da ría de Muros e Noia

A CEMMA e os concellos da zona insisten nas recomendacións de evitar a interacción co animal, que ten feridas por mor do contacto dalgunhas persoas