O Courel aprende a convivir co oso pardo

En xullo de 2017 botou a andar o proxecto Life Oso Courel, unha iniciativa financiada pola Unión Europea e destinada a protexer o hábitat do oso pardo nas serras orientais de Lugo. O plantígrado, especie ameazada no territorio galego, atopa moitas dificultades para moverse debido ás actividades humanas. É tamén ás veces unha fonte de conflitos, debido a danos puntuais que causa na apicultura e no gando.

Para contribuír á mellora da situación, a Fundación Oso Pardo, que coordina este proxecto Life, organizará a semana que vén unha viaxe formativa ao Parque Natural de Somiedo, en Asturias, unha zona oseira na que se desenvolven experiencias que contribúen ao equilibrio entre a poboación de osos e as actividades humanas. A viaxe está dirixida a veciños do Courel – apicultores, gandeiros e outros profesionais – para que coñezan de primeira man as actividades que se realizan en Somiedo.

Publicidade

O encontro, dirixido a veciños de Quiroga, Folgoso do Courel, Samos, Triacastela, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro, enmárcase dentro dos obxectivos do programa Life, como son o fomento da aceptación do oso entre a poboación local mediante accións de sensibilización con axentes claves do territorio, así como a prevención e solución dos posibles conflitos. Deste xeito búscase favorecer a viabilidade a longo prazo das poboacións cantábricas de oso pardo, facilitando a súa expansión e a incrementando a súa área de distribución, agora mesmo en perigo.

O proxecto Life Oso Courel, que se desenvolverá ata 2020, conta coa colaboración da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Custodia do Territorio, ademais do apoio da Fundación Biodiversidad e Gas Natural Fenosa.

Publicidade

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ten sentido fixarnos no pasado para conservar o lobo?

A súa distribución presente e futura verase condicionada pola densidade das presas silvestres máis que pola do gando. Por Alejandro Martínez Abraín (UDC) e Daniel Oro

Un programa pioneiro permitirá coñecer as avelaíñas do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

A primeira mostraxe da Xunta en Cortegada rexistrou 127 exemplares de máis de 40 taxóns nunha soa noite

A ciencia redefine o coello de monte: Galicia alberga unha especie diferente e máis ameazada

O estudo conclúe que existe unha separación evolutiva con realidades ecolóxicas e necesidades de conservación distintas entre os exemplares ibéricos e europeos

Un estudo pioneiro desvela como responden as aves ao primeiro megaincendio rexistrado en Galicia

A intensidade das lapas reduciu a diversidade, mentres que a presenza de áreas con distinto nivel de afectación favoreceu a recuperación ecolóxica