Os niveis de cadmio no río de San Finx superan 78 veces os niveis permitidos

Confrarías e ecoloxistas denuncian os resultados da análitica realizada por Augas de Galicia, que tamén presenta elevadas cantidades de cobre e cinc

A Plataforma comarcal contra as verteduras de San Finx vén de denunciar que os niveis de cadmio detectados no río da mina superan 78 veces os niveis máximos permitidos. Segundo explican dende a entidade, un equipo de técnicos de Augas de Galicia desprazouse á zona o 11 de agosto para tomar varias mostras da auga. “Esta semana véñense de coñecer os resultados do laboratorio, mostrando que augas abaixo das balsas da mina detectáronse altos niveis de cadmio, substancia perigosa prioritaria e elemento canceríxeno”, informa a plataforma nunha nota de prensa. Ademais do cadmio, os resultados revelan, segundo continúa explicando a entidade, que outros metais pesados como o cobre e o cinc superan 48 e 8 veces respectivamente os valores máximos permitidos.

En contraste con estes datos, na mostra tomada augas arriba, na zona do museo, os valores encontrábanse dentro da legalidade. “Isto que evidencia que a contaminación se produce polas verteduras ilegais e lixiviados que continúa causando a mina”, apuntan dende a plataforma. Por este motivo, desde a entidade esixen á Xunta que inicie os correspondentes expedientes sancionadores “por verteduras ilegais” e retire á empresa mineira a autorización de verteduras “concedida ilegalmente” no pasado mes de febreiro, por vulneración do condicionado.

Publicidade

Por outra parte, as confrarías de Noia e Portosín, que iniciaron un proceso penal contra a empresa mineira por presuntos delitos contra o medio ambiente, xa trasladaron estas novas evidencias ao Xulgado instrutor da causa en Noia, solicitando que adopte medidas cautelares para evitar a continuidade do dano.

Procesos xudiciais pendentes

Á marxe da causa penal, a plataforma informa que xa están en curso varios procesos xudiciais contra a propia autorización das verteduras, desta volta sendo os xulgados do contencioso de Santiago os que terán que resolver sobre a legalidade do permiso outorgado o pasado mes de febreiro.

Publicidade

Mesmo así, adiantan una avalancha de demandas unha vez que Augas de Galicia aínda non resolva os máis de 20 recursos de alzada presentados contra a autorización, incluíndo os das confrarías de Noia, Portosín, Porto do Son, Muros e Rianxo, as organizacións de produtores de mexillón Olvimar e a APM da Pobra, así como Ecoloxistas en Acción, Federación Ecoloxista Galega, ADEGA, Verdegaia, Sociedade Galea de Historia Natural, Montescola, Sindicato Labrego Galego, Tralapena e Salvemos Monteferro.

Imaxe do río da mina de San Finx.

Para a plataforma comarcal os recursos presentados evidencian “a enorme oposición social a unha autorización ilegal que se outorgou tras sete anos de irregularidades”. Lembran que “os propios altos cargos e funcionarios da Xunta que outorgaron a autorización de verteduras están imputados nunha causa xudicial paralela por presuntos delitos de prevaricación, malversación e falsidade documental”.

  1. Tanto cuesta meter en reactores don hidróxido de sodio o de calcio y hacer pasar esa aguas por una resina ionica para atrapar el cadmio? Y ya comercializar. Y si el tribunal de el
    Visto bueno o no y las autoridades funcionariales no hacen nada habrá que acudir a la vía revolucionaria. Si el pueblo es capaz de manifestarse por un poco en la lengua de un anormal no se porque no por esto aunque conociendo al pueblo gallego de carácter caciquil e insultó rápido que mira por su culo, carente de todo acto colectivista lo veo difícil.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

De negocio familiar aos primeiros conflitos sociais: a historia oculta da mina de San Finx

O profesor Joám Evans vén de publicar o seu libro 'As minas dos ingleses: San Finx', que foi galardoando co premio de investigación de Buxa

O nivel de cadmio nas verteduras de San Finx supera 104 veces o máximo permitido

As últimas analíticas realizadas por Augas de Galicia demostran que as cantidades de metal acumulado aumentaron dende agosto

Comezan as obras para executar as verteduras da mina de San Finx á espera da vista na ONU

A Xunta asegura non ter "constancia formal" do inicio dos traballos e non o comprobará ata xuño, cando finalice o prazo para construír a planta de tratamento

As verteduras de San Finx, a mina que ameaza un dos maiores bancos marisqueiros do país

A ONU celebra o 22 de marzo unha vista en Xenebra para analizar a delicada situación da explotación de Lousame