Chega o máximo da chuvia de estrelas do cometa Halley

As choivas de estrelas non son só para o verán. O outono brinda tamén a ocasión de gozar do espectáculo astronómico. E esta fin de semana chega o máximo das Oriónidas, que alcanzan a súa máxima actividade na noite do 21 ao 22 de outubro. O mellor momento para observalas chegará durante a madrugada, despois do ocaso da Lúa.

Con todo, este ano non será especialmente “favorable” para a observación deste fenómeno, porque a Lúa estará en fase de lúa chea o 25 de outubro, segundo sinala o Observatorio Astronómico Nacional (OAN). Pola contra, os ceos despexados son unha oportunidade en Galicia para observalas.

Publicidade

As Oriónidas son unha choiva de meteoros de actividade moderada, cunha taxa de actividade de entre 15 e 70 meteoros por hora e unha alta velocidade, de 66 quilómetros por segundo. Poden observarse cara á constelación de Orión, razón pola que reciben este nome.

Tras das Oriónidas, as seguintes choivas importantes de meteoros serán as Leónidas do 17 de novembro (cunha taxa de actividade de máis de 20 meteoros por hora) e as Xemínidas do 14 de decembro (cunha taxa de entre 100 e 140 meteoros por hora).

Publicidade

Os meteoros das Oriónidas son fragmentos do cometa 1/P Halley. O Cometa Halley orbita ao redor do Sol cada 76 anos e foi visto desde a Terra por última vez en 1986. Como todos os anos por estas datas, a Terra atravesa un anel poboado cos refugalos desprendidos de Halley.

Cando un deses fragmentos (ou meteoroides) entra en contacto coa atmosfera terrestre, calcínase pola fricción co aire creando así o resplandor luminoso que se coñece como meteoro ou estrela fugaz. O cometa Halley tamén é a orixe doutra choiva de meteoros, as Eta Acuáridas, que teñen o seu máximo en torno ao 6 de maio.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dous bens da Coruña elevan a 91 os elementos galegos incluídos na Lista Vermella do Patrimonio

A antiga igrexa barroca de Vimianzo e a Casa Grande do Ribeiro colocan a Galicia no sexto posto nacional por número de inmobles incluídos

As Rías Baixas gardan a maior pegada toponímica da antiga presenza de focas en Galicia

Un estudo identifica 43 talasónimos asociados a estes animais mariños e reconstrúe a súa distribución histórica, con especial concentración na ría de Arousa

O mar acada os 22 graos en Galicia: as claves dun quecemento inusual para maio

Os sistemas de observación detectan valores moi superiores á media habitual para maio, provocados pola acumulación de calor asociada a episodios persistentes

Documentado por primeira vez un gorgoncéfalo vivo en augas galegas

Investigadores do IEO localizan un exemplar xuvenil na Ría de Arousa, o que amplía o límite norte coñecido da especie