Unha masa de aire subtropical elevará os termómetros en Galicia ata os 21 graos. Canto vai durar?

A partir do xoves agárdase a entrada de novas borrascas atlánticas que deixarán precipitacións no oeste da comunidade

Despois dunha fin de semana de avisos meteorolóxicos e temporal por chuvia, vento e neve, Galicia recupera a influencia anticiclónica. A borrasca Monica dá paso ás altas presións, que deixarán tempo estable na primeira metade da semana. De feito, a entrada dunha masa de aire subtropical elevará os termómetros ata os 21 graos durante as xornadas do martes e do mércores. Porén, esta subida das temperaturas será breve e Galicia volverá estar baixo a influencia das baixas presións a partir do xoves. Segundo prognotican dende Meteogalicia, a chegada de borrascas atlánticas na segunda metade da semana aumentará a probabilidade de precipitación, que se manterá no 90%, especialmente no oeste da comunidade, durante toda a fin de semana.

Galicia arrinca o luns nunha situación intermedia entre as baixas e a altas presións, que se están aproximando polo suroeste. Malia que dende Meteogalicia non descartan algunha chuvia feble, especialmente no oeste da comunidade durante a xornada da mañá, o tempo irase estabilizando conforme pase o día. As nubes e os claros deixarán máximas moderadas, de entre 12 e 15 graos en todas as cidades galegas. As mínimas oscilarán considerablemente dende os 4 graos de Lugo ata os 11 graos de Ourense. Coa chegada de aire máis quente que o que predominou nos últimos días, as cotas de neve tamén irán subindo.

Publicidade

Durante as xornadas do martes e do mércores predominarán as altas presións e, polo tanto, a estabilidade. Ao longo destes dous días rexistraranse as temperaturas máis altas que se agardan esta semana. De feito, o mércores case todas as cidades galegas chegarán aos 20 graos, agás Santiago e Lugo que se quedarán moi preto con 19 e 18 graos respectivamente. De entre todas elas, Ourense será a que rexistre maior temperatura, dado que se agardan 21 graos. No que respecta ás mínimas, tamén experimentarán un lixeiro ascenso e oscilarán entre os 8 e os 10 graos en todas as cidades agás en Lugo, que non superarán os 4 graos.

Porén, a situación de estabilidade en Galicia ten as horas contadas e a partir do xoves volverán as borrascas atlánticas, aumentando así a probabilidade de precipitación ata o 90% durante toda a fin de semana. Dende o portal Meteored prognostican, ademais, que a semana, pese á estabilidade da primeira metade, “será máis húmida do habitual para as datas no norte e no noroeste”. O meteorólogo Mario Picazo de eltiempo.es tamén prevé chuvia na segunda metade da semana, aínda que prognosticará que serán menos acusadas que as que deixou a borrasca Monica. En definitiva, todos os servizos de meteoroloxía concordan en que a estabilidade durará pouco en Galicia e pronto volverá chover de forma intensa e abondosa.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía