Máis dun millón de ollomoles, abandonados en Oleiros

Operarios da empresa responsable dos criadeiros denuncian que a compañía, en concurso de acredores, levan sen alimento varios meses

O que nun tempo foi un criadeiro de referencia, que permitía a cría de ollomoles a gran escala nas augas de Lorbé (Oleiros), na ría de Betanzos en decenas de gaiolas, afronta na actualidade unha complicada situación debido ao concurso de acredores que enfronta a empresa propietaria, Isidro 1952. Segundo denunciaron os traballadores e recolle El Confidencial, os ollomoles, que subsisten nos criadeiros alimentándose de pequenos crustáceos, non reciben desde hai meses o penso que contribúe ao crecemento en condicións óptimas para a súa comercialización.

O plan de despedimentos, que afecta a máis da metade da plantilla de traballadores, deixou sen atención aos 1.200.000 ollomoles que se estima que habitan nas gaiolas de Lorbé. Algún dos coidadores cualifica a situación de “penosa”. A Xunta de Galicia realizou nas últimas semanas inspeccións nas instalacións, sostendo que a situación é de “normalidade”, pero xa se valoran alternativas debido á situación límite que afrontan os peixes. Así, contémplase a liberación dos peixes, unha medida solicitada pola propia empresa.

Publicidade

Os exemplares de Lorbé teñen entre oito meses e catro anos de idade, xa que a situación actual impide o crecemento de alevíns, que non se levan a esta planta desde novembro. O criadeiro onde nacían os alevíns e vivían ata os seis meses, en Valdoviño, xa está pechado.

A falta de alimento está provocando que os animais teñan un tamaño bastante menor ao habitual, e fai que cando un morre, os seus restos sexan inmediatamente devorados polos outros ollomoles. Fontes consultadas por El Confidencial apuntan que a situación mesmo afecta ao comportamento dos peixes, habitualmente fuxidíos. “Cando metes a man na auga, achéganse inmediatamente á expectativa de comida”.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo lidera un proxecto europeo para revolucionar os pensos de acuicultura

Un equipo do CIM desenvolverá un ingrediente alternativo e nutritivo para a alimentación de especies como a robaliza

Toleran mellor o estrés os polbos en catividade? Un estudo con selo galego di que si

Os investigadores aseguran que o achado que separa a resposta dos cefalópodos da dos vertebrados abre a porta a súa cría en acuicultura

Un equipo da UVigo desenvolve un sistema “único no mundo” para cultivar e repoboar centola

A investigación busca obter exemplares de talla comercial para consumo e equilibrar os bancos naturais da ría viguesa

Tecnoloxía da UVigo para garantir o benestar dos peixes de acuicultura antes do sacrificio

O proxecto, en colaboración co Cetga, busca mellorar as técnicas de atordamento nos linguados para conseguir unhas técnicas máis éticas