Juan Picos fala este venres sobre incendios en Santiago

Hai case un ano, a mediados de outubro de 2017, Galicia sufría unha das peores vagas de incendios que se recordan. En apenas dous días, decenas de miles de hectáreas arderon cun lume impulsado polos ventos de Ophelia. Unha situación que desbordou todas as previsións, e que cómpre analizar polo miúdo para evitar que se repita. Este venres, en Santiago de Compostela, unha das persoas que máis a fondo estudou este problema, Juan Picos, falará sobre o tema na edición de setembro do ciclo “Escépticos no pub“, que organiza o Círculo Escéptico en Santiago de Compostela.

Juan Picos Martín (1971) é enxeñeiro de montes pola Universidade Politécnica de Madrid (1996) e doutor pola Universidade de Vigo (2004). Actualmente é director da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra,  profesor  do departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo, decano Autonómico do Colexio de Enxeñeiros de Montes ou Membro da Xunta Directiva da Sociedade Española de Ciencias Forestais. É un dos expertos máis consultados no asunto dos incendios forestais, e participou na comisión sobre os incendios que se celebrou nos meses pasados no Parlamento de Galicia.

Publicidade

A charla, que levará por título “Dous días de outubro. Que aprendemos sobre incendios forestais en 2017”, terá lugar ás 21 horas no café Airas Nunes (Rúa do Vilar, 17).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro