A Estación ‘Encoro do Con’, nun plan contra as especies invasoras de auga doce

A Estación de Hidrobioloxía ‘Encoro do Con’ da USC participa no proxecto europeo Life-INVASAQUA (Especies exóticas invasoras acuáticas de auga doce e sistemas de esteiros: Conciencia e prevención na Península Ibérica), cuxo obxectivo será sensibilizar e mellor o coñecemento entre os axentes sociais involucrados respecto dos programas ocasionados polas especies exóticas invasoras nos ecosistemas acuáticos ibéricos.

O proxecto acaba de iniciar o seu desenvolvemento baixo a coordinación da Universidade de Murcia e integrando ademais como entidades asociadas as universidade de Navarra e de Évora, o Museo Nacional de Ciencias Naturais, a Associação Portuguesa de Educação Ambiental, a axencia EFE, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e os Recursos Naturais (IUCN), CSIC, e a Sociedade Ibérica de Ictioloxía (SIBIC). En total o seu orzamento será de algo máis de tres millóns de euros e encádrase no apartado relativo a Campañas de información, comunicación e sensibilización acordes coas prioridades do 7º Programa de Acción Ambiental.

Publicidade

Os expertos indican que o impacto das especies invasoras ascende a 12 billóns de euros anuais

Ademais das iniciativas que se desenvolven en materia de sensibilización, o proxecto deberá desenvolver ferramentas de referencia para a definición de alertas temperás eficientes que permitan mellorar a capacidade de resposta dun xeito áxil fronte potenciais novas especies invasoras en hábitats de auga doce e estuarios. O desenvolvemento do proxecto estenderase ao longo de cinco anos e sustentarase en 80 accións formativas de investigación e de comunicación, coa colaboración de voluntarios sobre o terreo e o apio de ferramentas en liña

Esta liña de traballo xorde ante a dimensión que ten alcanzado a incidencia das especies exóticas invasoras , “unha das principais causas de perigo e extinción das especies nos sistemas de auga doce”. Os expertos estiman que o impacto económico das EEI ascende a 12 billóns de euros anuais e “os custes dos danos segue aumentando”. En 2014, a UE aprobou un ambicioso marco lexislativo sobre a regulación destas especies que, de implementarse e executarse, podería ser un paso crucial para alcanzar os obxectivos da Estratexia de Biodiversidade da UE para 2020.

Publicidade

Máis información sobre Life Invasaqua (PDF).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo internacional revela a crecente migración de auga doce dos océanos á terra

O catedrático da UVigo Luis Gimeno participa nunha análise global que amosa como o cambio climático intensifica o transporte de humidade e modifica os patróns de precipitación continental

Retirada unha acacia de tres toneladas á beira do Tins, o primeiro río de España con dereitos

Un grupo de 16 voluntarios participa na primeira xornada de eliminación de especies exóticas invasoras nas marxes do curso fluvial de Outes

Un congreso reúne en Vigo a expertos mundiais no estudo da velutina

O encontro reúne aos parceiros do proxecto Atlantic-POSitiVE, que conta con 2,3 millóns de euros de financiamento para conter o avance da especie en Europa

Unha cochinilla, aliada para combater a invasora unlla de gato?

Investigadores da UVigo demostran que a combinación da "Pulvinariella mesembryanthemi" co control mecánico acelera a descomposición nesta planta