GCiencia desde o volcán de La Palma

Repaso a situación no volcán, con entrevistas a persoal científico, retransmisións e reportaxes sobre o terreo

Desde este domingo e durante os vindeiros días, GCiencia estará en La Palma para contar de primeira man como se está a vivir un acontecemento de grande interese científico, pero que á vez é unha traxedia con poucos precedentes nos últimos séculos no arquipélago canario. Con entrevistas a persoal investigador, que leva semanas traballando intensamente a escasos metros das coadas; ou ca comunidade galega residente na illa, que está afrontando o grave impacto da erupción, retransmisións en directo desde diversos puntos da contorna do volcán, ou reportaxes que debullen o pasado, presente e futuro arredor destes fenómenos naturais, os lectores poderán coñecer de preto como é a vida arredor dun volcán en erupción.

Pouco despois das 15 horas do domingo 19 de setembro, xusto cinco semanas atrás, comezaba no Parque Natural de Cumbre Vieja, na illa de La Palma, a primeira erupción que tiña lugar no territorio español nos últimos 50 anos (a de El Hierro, no 2011, produciuse baixo o mar). Do evento de 1971 que fixo nacer o Teneguía, uns quilómetros ao sur na mesma illa, cúmprese medio século este martes 26 de outubro. Pero a magnitude da erupción actual xa superou os rexistros históricos dos que se ten constancia en La Palma nos últimos séculos. E amosou un sabor agridoce: os plans de prevención e vixilancia das autoridades e equipos científicos conseguiron evitar, ata o momento, danos persoais; pero o pulo demográfico e económico da illa palmera, empurrado nas últimas décadas pola industria agrícola e o turismo, está levando un duro golpe, con miles de vivendas e outras edificacións, terreos de cultivo e vías de comunicación que sucumben sen remedio diante do inexorable e imprevisible avance das linguas de lava.

Publicidade

Toda a información poderá seguirse a través de gciencia.gal e as súas contas en Facebook, Instagram ou Twitter.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A bordo do hantavirus

O gromo dunha enfermidade potencialmente mortal en alta mar. Por Laura Filloy

GCiencia xa se pode engadir como fonte preferida en Google: como ver máis ciencia galega nas túas buscas

O buscador permite agora que o xornalismo científico de calidade gañe peso fronte aos medios xenéricos nos teus resultados

A Comisión de Deontoloxía do Xornalismo de España avala o labor informativo de GCiencia

A entidade destaca que o portal e National Geographic “cumpren coa normativa deontolóxica” e apoia o seu rigor e respecto ás normas éticas do xornalismo

Fotos | Así foi a entrega dos Premios GCiencia Galicia Spin-off 2025

Na cerimonia recoñeceuse a labor de iniciativas innovadoras xurdidas a partir do ámbito das tres universidades públicas galegas