Galicia viviu o marzo máis seco dos últimos 24 anos

O Informe Climatolóxico de Meteogalicia certifica que caeu un 79% menos de choiva da media histórica do mes pola presenza dun exceso de anticiclóns

Galicia viviu un mes de marzo moi seco, caracterizado pola frecuente aparición de situacións anticiclónicas que deixaron moi escasas precipitacións. Así se desprende do avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia, que conclúe que as precipitacións rexistradas no terceiro mes de 2021 quedaron moi por debaixo do agardado neste mes, debido á frecuente aparición de situacións anticiclónicas e a escasa actividade das poucas borrascas que puideron chegar a Galicia.

A precipitación media acumulada foi de tan só 25 L/m2, sendo o terzo norte da Comunidade onde se acadaron os valores máis altos, ata un 50 L/m2. Así, o valor medio para o conxunto do territorio galego foi un 79% inferior ao período de referencia 1981-2010.

Publicidade

En relación coas temperaturas, estas non se afastaron moito dos valores medios habituais. O mes de marzo deixa unha temperatura media de 11ºC, moi próxima ao valor climático, 10.8ºC. O valor medio para as máximas foi de 15.2 ºC, mentres que o da mínima foi de 4.1 ºC.

Segundo estima Meteogalicia, este mes de marzo de 2021 foi o máis seco en Galicia dende o ano 1997.

Publicidade

Aquí podes consultar o Informe Climatolóxico de marzo de 2021

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os premios Zendal galardoan avances en terapia xénica e diagnóstico de infeccións no gando porcino

A VII edición do certame recoñece dous proxectos de investigación que abren novas vías fronte a enfermidades priónicas e o uso responsable de antibióticos en animais

Tecnoloxía e psiquiatría únense para crear un banco de datos para investigar a saúde mental na adolescencia

Un equipo de atlanTTic, xunto con profesionais sanitarios, desenvolve VisIA-Q, un conxunto de información clínica e psicométrica de 207 adolescentes

A galega Gradiant desenvolve un modelo de atención integrada para os pacientes con feridas crónicas

A ferramenta creada polo centro tecnolóxico, en colaboración co IIS Galicia Sur, busca ofrecer unha asistencia máis personalizada, coordinada e eficiente

Vigo impulsa o uso pioneiro da realidade virtual para mellorar a recuperación tras un transplante de médula

O proxecto do IIS Galicia Sur e o Hospital Álvaro Cunqueiro combina exercicio terapéutico e tecnoloxía para combater a deterioración física e emocional