Galicia rematará outubro pasada por auga: dez días de chuvia garantizada

As previsións de MeteoGalicia e da AEMET predín que, con toda probabilidade, a maioría dos días que restan do mes serán húmidos

Parecía que non chegaría, pero, ao final, chegou. Outubro inaugura, por fin, un outono que arrinca a deshora, pero que, tras unha semana de treboadas e fortes chuvias, parece que chega para quedar. As explotacións agrícolas e gandeiras de todo o país comezan a ver un futuro máis certo e se as condicións meteorolóxicas seguen este camiño, os encoros que estaban en situacións máis críticas poderán empezar a se recompoñer. Todo apunta a que así será. Polo menos iso din as predicións climáticas que estes días están a divulgar tanto dende a Unidade de Observación e Predición Meteorolóxica de Galicia como dende a Axencia Estatal de Meteoroloxía. Aínda que con matices, ambos servizos públicos garanten que a maioría dos dez días que lle restan ao mes estarán pasados por auga. Algúns deles, con chuvias intensas.

Con todo, a media dos valores históricos para este mes aínda queda lonxe e acadar certa normalidade dependerá, certamente, da intensidade coa que as nubes descarguen estes escasos dez días. De feito, nese sentido, MeteoGalicia publicou este venres unha comparativa para botar luz: “Comezaba outubro con tempo seco e a situación foi mudando coa chegada das borrascas. Comparamos a chuvia (litros/m2) rexistrada no que vai de mes co valor histórico. Non chegamos á media, mais cas previsións para os vindeiros días, todo parece indicar que será un mes chuvioso”, reflexionan.

Publicidade

Táboa elaborada por MeteoGalicia para o día 20 de outubro

Aínda que durante este venres Galicia seguirá baixo os efectos da borrasca Armand, este primeiro grande fenómeno meteorolóxico do outono estáse a dirixir xa cara ao norte de Europa e mañá atoparase lonxe do país e chegando ao norte de Irlanda. Así o explica a sede Galega da AEMET, que argumenta que, porén, as chuvias serán persistentes en todo o territorio. Para a fin de semana e respecto ás temperaturas, o aire frío que arrastra esta borrasca e as frontes asociadas irán baixando.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo galego constata que o despoboamento rural e o envellecemento favorecen os grandes incendios

Un informe elaborado por Juan Picos e o Eixo Atlántico analiza os lumes producidos na última década en preto de 5.000 entidades locais de España, Portugal e Francia

Unha dina ao oeste da península impulsa aire atlántico e provoca unha semana de inestabilidade en Galicia

A previsión apunta ceos nubrados, chuvias febles na fachada atlántica e temperaturas suaves. A influencia anticiclónica recuperarase de cara á fin de semana

Canto creceron as cidades galegas nos últimos 10 anos? Descúbreo neste mapa interactivo

A plataforma World Settlement Footprint Tracker sinala que tan só o 1,56% da superficie galega está ocupada por urbes ou contornas urbanas

O tesouro micolóxico da illa de Cortegada: é o lugar do mundo con máis densidade de fungos

O micólogo Saúl de la Peña atopou no enclave das Illas Atlánticas 1.500 tipos de cogomelos, cando se estima que hai uns 2.000 en toda Galicia