25 toneladas de ‘pellets’ no mar: as imaxes do desastre

Xa hai areais de todo o litoral galego contaminados por estes residuos que se atoparon por primeira vez o 13 de decembro

A chegada de pellets procedentes do Toconao que nun primeiro afectou ás praias da ría de Muros e Noia xa se estende por toda a costa galega. Os mapas actualizados por diferentes asociacións locais coa axuda de voluntarios que se achegan ás diferentes arenais para comprobar a presencia dos plásticos cada vez teñen máis indicadores de ubicación, marcando a contaminación dos lugares afectados. Tanto é asi que a día de hoxe xa se teñen detectado pellets ao largo de todo o litoral galego e nasnas tres provincias costeiras: Pontevedra, A Coruña e Lugo. O contedor desprendido do buque frente ao litoral portugués levaba un millar de sacos duns 25 quilos cada un, polo que se estima en 25 toneladas a cantidade de pequenos plásticos vertidos ao mar.

Pellets espallados pola praia de Sarrosa (Porto do Son) unha imaxe que se repite en areais de todo o litoral galego. Vídeo: Asociación Noia Limpa.

O accicente deixa imaxes lamentables. Por unha banda, algúns areais presentan boliñas de plástico espalladas por todos lados deixando un regueiro de verteduras, que se misturan coa materia orgánica da praia. Atópanse tamén zonas con montañas de pellets ou mesmo sacos rachados que acumulan unha gran cantidade de residuos ao seu redor. Noutras ocasións son sacos enteiros no medio da praia. O pequeno tamaño dos pellets a súa dispersión dificulta moito o labor de retiralos. A marea de voluntarios organizados foi notable durante toda a fin de semana.

Publicidade

Diferentes organizacións e asociacións locais animan a todas as persoas a que se unan a limpeza de pellets con todo débense seguir unha serie de recomendacións para facelo de forma segura e efectiva. En primeiro lugar, se se atopan hai que notificalo ao número de emerxencias (112). Ademais tamén hai indicacións precisas para a retirada e o seu posterior depósito facéndoo de forma segura para as persoas e sen danar a biodiversidade das praias.

  • Praia das Furnas (Porto do Son) a 26 de decembro. Foto: Asociación Noia Limpa.
  • Saco de pellets atopado na praia de Espiñeirido (Ribeira). Foto: Asociación Noia Limpa.
  • Voluntarios na praia de Carnota (Muros). Foto: Asociación Noia Limpa.
  • Praia das Furnas, 26 de decembro. Foto: Asociación Noia Limpa.
  • Regueiro de pellets na praia de Reira (Camariñas). Foto: Asociación Noia Limpa.
  • Cala o Portiño (A Coruña). Foto: Asociación Noia Limpa.
  • Praia de Lariño (Carnota). Foto: Asociación Noia Limpa.
  • Praia de Estorde (Cee) onde os pellets se misturan coa materia orgánica da praia. Asociación Noia Limpa.
  • Praia de Rebordelo (Cabana de Bergantiños). Foto: Asociación Noia Limpa.
  • Saco na praia de Area Maior (Louro). Foto: Asociación Noia Limpa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Que foi dos pellets: as seis grandes incógnitas do accidente do ‘Toconao’ un ano despois

As bólas plásticas chegaron de forma masiva a Galicia a comezos de 2024 pero a día de hoxe non se sabe onde están almacenados nin se existe un plan para a súa xestión

De pellet en pellet… E tiro porque me toca

Seis meses despois do accidente do 'Toconao', a impasividade das administracións deixa en punto morto a reclamación de danos á armadora do buque
00:00:16

A maioría dos ‘pellets’ xa alcanzaron a costa seis meses despois do accidente do ‘Toconao’

Un equipo de Canarias crea unha simulación da marea de bólas plásticas, que tamén chegaron a outras zonas do norte de España e ao oeste de Francia

Os ’pellets’ xa invaden zonas mariñas protexidas de Galicia

Unha simulación realizada pola organización internacional Oceana predí que os plásticos están presentes en todo o litoral da comunidade