Da Coruña ao Ártico: descubre neste mapa a viaxe polo mundo dos teus refugallos

A fundación The Ocean Cleanup crea unha aplicación online para concienciar sobre o lixo

Cando coñecemos o grave impacto ambiental das nosas accións percatámonos da importancia da conciencia individual á hora de tratar os residuos. Pequenos cambios poden ser moi beneficiosos para a saúde do planeta e moito máis se se realizan de maneira colectiva. Neste contexto é no que a fundación The Ocean Cleanup desenvolve Plastic Tracker, unha aplicación que permite visualizar a traxectoria da contaminación por plástico con só facer clic nun botón. A plataforma permite seguir a ruta dos residuos que se desbotan incorrectamente. A liña que se debuxa no mapa mundial abarca miles de quilómetros, tantos, que un plástico que se tire dende A Coruña pode rematar no Océano Ártico.

Cada ano vértense nos océanos oito millóns de toneladas de plástico, o que ameaza a vida mariña e humana e destrúe os ecosistemas naturais. O obxectivo desta nova ferramenta é concienciar sobre a necesidade de reducir a cantidade de plástico que termina nos nosos océanos. Na fundación empregan medios que lles permiten ver o impacto dos residuos en modelos virtuais.

Publicidade

Ferramentas como esta serven como recordatorio do impacto das nosas accións. No seu equipo de modelado computacional ven que millóns de partículas de plástico virtuais saen dos continentes e acumúlanse nos parches de lixo ou nas praias. Cando ven refugallos no chan poden determinar o lugar onde terminarán e logo interceptar un destino potencial no océano simplemente desbotándoo nun contedor próximo.

Plastic Tracker unha nova ferramenta que permite descubrir a ruta do plástico que refugamos erroneamente
Plastic Tracker permite descubrir a ruta do plástico que refugamos erroneamente.

Como usar o rastrexador de plástico?

É unha aplicación fácil de usar para observar o destino do plástico flotante nos próximos 20 anos. Tan só temos que elixir un lugar para saber cal sería a ruta do plástico que nalgún momento manexamos. Podes seguir toda a súa viaxe no mapa, dependendo da cidade ou municipio que selecciones podes velo viaxar polo interior ou saír directamente cara o mar, ata que chega ao océano aberto. Tamén existe a posibilidade de que esa peza de plástico termine nas vías fluviais, dependendo de onde se liberara.

Publicidade

Os modelos de dispersión de The Ocean Cleanup poden calcular e predicir traxectorias de plástico no océano, e usando os datos do seu último modelo de río, ponden calcular a probabilidade de que chegue ao océano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os mapas dos temporais máis extremos de Galicia: Copernicus reconstrúe 80 anos de datos atmosféricos

A ferramenta europea Weather Replay permite analizar episodios históricos mediante simulacións meteorolóxicas interactivas

Do lixo aos recursos: a UVigo activa o programa Resto Cero

Unha iniciativa achega a investigación á aula con podcasts e talleres para fomentar hábitos sostibles

As doce razóns polas que non funciona a reciclaxe de plástico

As limitacións técnicas, económicas e de deseño fan que a maioría do plástico nunca se recicle de forma efectiva

Que avións pasan agora mesmo polo ceo galego? Descúbreo neste mapa en 3D

A ferramenta Air Loom permite consultar en tempo real rutas, altitude e velocidade das aeronaves que atravesan Galicia