Unha científica da UVigo, nun proxecto mundial sobre a biodiversidade do solo

María Gómez Brandón analizará a microbiota do solo nos cultivos de millo forraxeiro en cinco localidades como parte do proxecto Fields 4 Ever

Fields4ever é unha iniciativa global para a conservación e vixilancia da saúde do solo, que pretende analizar preto de medio millón de hectáreas en todo o mundo ao longo de ano medio. Para facer posible este reto, a empresa de biotecnoloxía Biome Makers, que é a impulsora de Fields4ever, fixo un chamamento a organismos de investigación e ciencia e a agricultores de Europa, Asia, África e América para que se sumasen a esta proposta e axudasen a realizar esta monitoraxe mundial.

Así, no marco de Fields4ever estanse a desenvolver unha serie de proxectos locais, un deles coordinado por María Gómez Brandón, investigadora Ramón y Cajal do Grupo de Ecoloxía Animal da Universidade de Vigo. En concreto estudará a biodiversidade microbiana dos solos de campos de cultivo de millo forraxeiro en cinco localidades galegas.

Publicidade

A investigadora explica que a produción do millo forraxeiro é de grande importancia para o sector agroalimentario e, de feito, Galicia é responsable do cultivo de aproximadamente o 75% desta gramínea en España. Non obstante, recalca, “aínda non está claro como e en que medida as prácticas de manexo, como o uso de pesticidas, fertilizantes ou maquinaria agrícola pesada, poden afectar á biodiversidade microbiana dos solos e, polo tanto, á produción deste millo e en xeral á saúde do chan nestes campos de cultivo”.

Para avanzar neste eido, María Gómez Brandón estudará a biodiversidade microbiana dos solos de campos de cultivo de millo forraxeiro nas localidades de Tomiño, Maceda, Mondoñedo, Bértoa, en Carballo, e Agolada. Empregará técnicas de secuenciación masiva “que permitirán avaliar a composición e diversidade das comunidades bacterianas e fúnxicas no sistema solo-planta. Estas análises biolóxicas complementaranse con outros indicadores físicos e químicos da saúde do solo e coa a medición de atributos morfolóxicos e fisiolóxicos da planta”. Entre finais destes mes de abril e comezos de maio comezará a primeira mostraxe e o proxecto desenvolverase ao longo de todo o 2021.

Publicidade

Galicia é responsable do cultivo de aproximadamente o 75% desta gramínea en España.
Galicia é responsable do cultivo de aproximadamente o 75% desta gramínea en España.

Fields4ever é unha iniciativa impulsada pola empresa de biotecnoloxía Biome Makers, con sede en California e Valladolid, e enmarcada no programa Horizonte 2020 da Unión Europea. A súa finalidade é analizar preto de medio millón de hectáreas en todo o mundo para poder coñecer o estado do solo dos campos agrícolas e restaurar a súa saúde. Para facelo posible, cada proxecto participante, entre eles o de María Gómez, recibe unha serie de ferramentas de monitoraxe avanzadas proporcionadas por Biome Makers, que, por primeira vez, abre a súa tecnoloxía á comunidade científica internacional.

María Gómez Brandón explica que os solos “son unha das principais reservas mundiais de biodiversidade, albergando máis do 25% da diversidade biolóxica do planeta”. Neste contexto, os microorganismos desenvolven un papel fundamental ao seren responsables de procesos tan importantes como o ciclado de nutrientes ou a descomposición da materia orgánica. “Son os nosos veciños invisibles e, pese á importante función da biodiversidade microbiana para asegurar un uso e manexo sostible do solo, aínda existe unha falta de información sobre esta temática a nivel local, nacional, rexional e mundial”, remarca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O tesouro micolóxico da illa de Cortegada: é o lugar do mundo con máis densidade de fungos

O micólogo Saúl de la Peña atopou no enclave das Illas Atlánticas 1.500 tipos de cogomelos, cando se estima que hai uns 2.000 en toda Galicia

Descuberta unha nova especie fúnxica na illa de Cortegada

O achado de ‘Xylaria polyphaga’ eleva a sete o número de especies novas para a ciencia identificadas no enclave do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia

Radiografía da lagoa de Baldaio: o fráxil equilibrio entre os fluxos naturais e o impacto humano

A alternancia ambiental propia da lagoa coruñesa enfróntase á herdanza de intervencións artificiais, a presión turística e a perda de biodiversidade

A Lagoa dos Nenos, ao límite: o exceso de sedimentos e os danos no dique ameazan o tesouro mariño das Cíes

O Ministerio para a Transición Ecolóxica inicia un proceso de recuperación da infraestrutura que une as illas de Faro e Monteagudo