Alerta pola chegada dunha borrasca de Groenlandia, con neve e ondas de 9 metros

A borrasca provoca o primeiro aviso de nivel vermello do outono, debido a ondas de máis de oito metros na costa entre Corrubedo e Ribadeo

Galicia vivirá no que queda de semana unha situación de pleno inverno, con fortes ventos, chuvia, neve e grandes ondas no mar. E a responsable desta situación haina que buscala en Groenlandia, de onde procede a borrasca qeu trae a do primeiro aviso de nivel vermello do outono, que estará activado o xoves desde as 12 do mediodía e ata a medianoite na costa de Muros a Ribadeo, debido a mar combinada con ondas de máis de oito metros.

Mapa de avisos previsto para o xoves. Fonte: MeteoGalicia.
Mapa de avisos previsto para o xoves. Fonte: MeteoGalicia.

Tal e como explica desde MeteoGalicia Juan Taboada, “é unha borrasca que vén polo Atlántico desde Groenlandia e desprázase rapidamente ata o norte da Península, porque nos Azores hai un anticiclón que xera un corredor e trae este temporal directamente cara a Galicia”. A situación máis perigosa, con todo, estará no mar, xa que se combina a forza das ondas que viaxan polo atlántico co impulso do vento na mesma dirección, o que as fará medrar por riba dos citados oito metros.

Publicidade

Porén, haberá temporal para todos. Este martes xa hai un aviso amarelo en toda a provincia da Coruña, interior de Pontevedra e montaña de Lugo e Ourense debido a acumulación de precipitacións por riba de 40 litros/metro cadrado en 12 horas.

Pero o xoves chegará o máis intenso. ademais da auga, o vento superará os 80 km/h nas provincias atlánticas, e a neve deixarase ver en gran parte do país. O aviso amarelo activouse por agora só no leste de Lugo e Ourense, pero algúns modelos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) apuntan a que se poderán ver folerpas en gran parte das dúas provincias, mesmo nas zonas máis altas de Pontevedra e A Coruña. Juan Taboada anticipa que as nevaradas por riba dos 800 metros van ser “bastante considerables” en Galicia.

Publicidade

Probabilidade de precipitación en forma de neve para o xoves. Fonte: Aemet.
Probabilidade de precipitación en forma de neve para o xoves. Fonte: Aemet.

A propia Aemet emitiu no mediodía do martes un aviso especial (ver PDF) que fala de espesores de ata 30-50 centímetros nas zonas máis altas, e de 5-10 cm entre 800 e 900 metros. A precipitación en forma de choiva podería sumar en poucas horas máis de 100 litros por metro cadrado.

Agárdase que a partir do venres a situación sexa máis estable, pero é posible que para a fin de semana regresen as chuvias e o vento con intensidade.

3 COMENTÁRIOS

  1. Só un detalle xeográfico, segundo a foto, a alerta sería dende Fisterra ata Ribadeo, non dende Corrubedo a Ribadeo

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Galicia rexistra case 2.700 raios en 24 horas

A tormenta incidiu principalmente sobre Pontevedra e o oeste de Ourense, e as chuvias máis intensas alcanzaron os 61,3 l/m² en Baiona

Unha dina acende a alerta laranxa en Galicia por fortes treboadas: estes son os concellos afectados

O interior da Coruña e o centro de Lugo estarán en aviso por tormentas que poden vir acompañadas de aparello eléctrico e sarabia

Galicia rexistra o verán máis cálido dende 1961, cunha temperatura media de 21,4 graos

O informe climatolóxico de Meteogalicia informa de que foi unha estación seca, cunha precipitación media acumulada dun 22% menos do habitual