Chega a Galicia unha borrasca explosiva con avisos amarelos

Haberá choivas de ata 15 litros por metro cadrado e ventos fortes que chegarán aos 80 km por hora

Unha borrasca explosiva aparecerá en Galicia este xoves 6 de xuño, ao baixar a presión atmosférica de 1.010 a 990 milibares, un cambio que define aos ciclóns explosivos, cunha baixa de cando menos 20 milibares no espazo de 24 horas. Aínda que non se trata dunha borrasca tan intensa como as do inverno ou da primavera, resulta inusual nesta época do ano, xa nas portas do verán. E, ademais, traerá avisos amarelos por vento e choiva.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia activaron o aviso amarelo para o xoves na provincia da Coruña, con ventos de ata 80 quilómetros por hora e choivas de máis de 15 litros por metro cadrado nunha hora. Nas Rías Baixas e na Costa da Morte, os avisos afectan tamén a ventos de compoñente sur e de forza 7.

Publicidade

Esta borrasca entra en Galicia na semana seguinte a outra de altas presións na que o país mesmo bateu marcas de altas temperaturas. O que confirma que aínda non deixamos atrás a primavera e que, ás veces, algúns ditos meteorolóxicos teñen a súa ciencia. Como o que di que ‘ata o 40 de maio…’

E aquí podes consultar o boletín de avisos amarelos de Meteogalicia para este xoves

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla