Catro claves para crear bosques urbanos e combater a crise climática dende as cidades

Unha urbe sen árbores posúe unha menor infiltración de auga, temperaturas máis altas e unha poboación con máis enfermidades

As zonas arborizadas nas cidades non son decorativas, senón que serven de apoio ecosistémico para lograr contornas urbanas saudables e sostibles. Un novo ensaio, publicado en Plos Climate, esixe que as políticas para protexer os espazos verdes teñan suficiente amplitude e financiamento ao longo do tempo.

Os bosques urbanos atópanse entre as solucións baseadas na natureza máis efectivas para as cidades, pero, a pesar da súa importancia, as políticas actuais carecen de financiamento suficiente, polo que non se aplican de forma correcta e limitan os seus beneficios sobre o clima. Segundo esta investigación, liderada pola Universidade de Bangor (Reino Unido), a expansión das cidades impulsa a liberación de gases de efecto invernadoiro, altera os climas locais e acelera a perda da biodiversidade; fenómenos que impiden vivir en contornas saudables para os humanos e o planeta.

Publicidade

Catro eixos de actuación

En 2050, os expertos cren que o 70% da humanidade residirá nas cidades, o que intensificará a demanda de zonas verdes que funcionen como unha liña de defensa contra os fenómenos extremos. Debido a esta urxencia global, os investigadores identificaron catro fendas na xestión e administración actual dos bosques urbanos.

En primeiro lugar, estas zonas requiren un recoñecemento, investimento e mantemento suficiente que contribúa á resiliencia das cidades. En segundo lugar, débese garantir o acceso equitativo aos espazos verdes en todas as comunidades. En terceiro lugar, cabe integralos en marcos de gobernanza climática. E para rematar, débese fomentar a resiliencia mediante prácticas de xestión funcionais.

Publicidade

Ademais, os expertos consideran que estas prioridades deben complementarse con proteccións legais contra a eliminación de árbores, así como dunha participación cidadá forte. Sen iso, os beneficios ecolóxicos que brindan as zonas verdes estarán ameazados. Este traballo ofrece unha guía para que aqueles que toman as decisións prioricen estes espazos dentro das súas estratexias de sustentabilidade.

Medidas para protexelos

Entre as recomendacións para a conservación dos espazos verdes, cabe establecer marcos legais que protexan as árbores tanto en zonas privadas como públicas, mellorar os métodos de detección, favorecer a plantación coordinada de árbores e incluír de forma explícita os bosques urbanos nas accións contra o risco climático. Así mesmo, para promover o acceso aos bosques urbanos, os expertos recomendan ampliar as zonas con vexetación, deseñar programas de divulgación, asegurar a inclusión das comunidades marxinadas na planificación verde das cidades e ampliar e diversificar a forza laboral da silvicultura urbana.

Sobre gobernanza, os expertos recomendan coordinar ás axencias de clima, biodiversidade e planificación urbana, involucrar as comunidades locais na toma de decisións e asegurar un financiamiento a longo prazo. Finalmente, o estudo ofrece consellos específicos para mellorar a resiliencia destas zonas, e para iso, aposta por desenvolver sistemas de vixilancia apoiados por autoridades, incluír os terreos privados nos inventarios e promover a diversificación de especies.

Beneficios destes espazos

Estas contornas abarcan todas as árbores e a vexetación leñosa das paisaxes urbanas desde o centro ata as zonas máis afastadas. Tamén, proporcionan servizos que sosteñen a infraestrutura climática, entre eles, permiten o arrefriado das temperaturas urbanas, a redución da contaminación e o ruído, a mellora da infiltración do solo e a protección contra a radiación solar.

Desde un punto de vista socioambiental, as árbores urbanas promoven estilos de vida máis saudables ao reducir enfermidades relacionadas co estrés. Ademais, a beleza destes espazos tamén beneficia os cidadáns ao enriquecer a vida cultural das cidades. Esta investigación conclúe que a xestión dos bosques urbanos require unha vixilancia e participación comunitaria continua. O obxectivo deste traballo é axudar aos políticos para integrar os espazos arborizados dentro de estratexias máis amplas para beneficiar as futuras xeracións.


Referencia: Rethinking urban forests as essential infrastructure for resilience, equity, and biodiversity in the current climate emergency (Publicado en Plos Climate)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica

Do bloqueo anticiclónico ao aire norteafricano: por que Galicia supera os 38 graos ás portas do outono

O alivio térmico podería chegar a partir do venres pero non se prevén chuvias no que queda de setembro

Activada a alerta vermella por calor no interior de Pontevedra durante o martes

A Xunta acende o nivel amarelo por altas temperaturas no noroeste, interior e suroeste da Coruña, así como na montaña de Ourense e nas Rías Baixas

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"