A borrasca Beatriz deixa alerta laranxa e avisos nos colexios

A borrasca Beatriz chega con alertas amarelas e laranxas en Galicia, ademais da prohibición de actividades escolares no exterior. Trátase da segunda borrasca da tempada bautizada con nome pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) e, tras dela, chegarán outras frontes que deixarán tempo inestable en Galicia con altas precipitacións e riscos no mar e alertas en terra.

Alerta amarela na costa o mércores.
Alerta amarela na costa o mércores.

A previsión de fortes choivas e vento que trae Beatriz obrigaron hoxe á Comisión Escolar de Alertas a suspender desde o mediodía as actividades no exterior dos centros educativos de varios puntos da Coruña (suroeste, oeste e noroeste da provincia), o litoral de Pontevedra, así como na Mariña lucense.

Publicidade

Esta decisión esténdese ata a medianoite do domingo. Meteogalicia activou un aviso amarelo por acumulacións de 40 litros por metro cadrado en 12 horas. Ese aviso será laranxa no suroeste e oeste da Coruña e no interior de Pontevedra.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía, poderían chegar a caer nestas zonas da Coruña e Pontevedra en 12 horas ata oitenta litros por metro cadrado. A listaxe de concellos afectados por esta alerta de Beatriz pode consultarse nesta ligazón de Meteogalicia.

Publicidade

O vento tamén será protagonista en toda a comunidade. Hai un aviso xeralizado por refachos que van alcanzar como mínimo os oitenta quilómetros por hora. Desde as 15.00 horas toda a costa galega estará con alerta laranxa por ventos superiores aos 100 quilómetros por hora. Na costas as mareas vivas poden agravar a situación do mar.

O mércores, haberá un pequeno respiro no tren de borrascas que Galicia padece estes días, porque o xoves volve un novo temporal con choivas intensas na Coruña e Pontevedra. E a situación será máis intensa o venres, cando se espera unha nova forte borrasca que deixará grandes precipitacións e forte vento, especialmente en zonas costeiras. As predicións a medio prazo aseguran que o chamado ‘mal tempo‘ chegou para quedar.

Aquí podes consultar

O boletín de avisos meteorolóxicos de Beatriz

As alertas de Meteogalicia para os vindeiros días

Os concellos de Galicia afectados polos avisos

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro