Os biólogos galegos subliñan o seu compromiso contra a contaminación por plásticos

Neste 2018, o Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra o 5 de xuño, pon de relevo o problema crecente da contaminación por plásticos, para apelar á poboación do planeta sobre a necesidade dun planeta libre desta contaminación. Cada ano vértense nos océanos oito millóns de toneladas de plástico, o que ameaza a vida mariña e humana, e destrúe os ecosistemas naturais. O obxectivo é concienciar sobre a necesidade de reducir a cantidade de plástico que termina nos nosos océanos. E a esta iniciativa súmase o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.

Neste sentido, o colexio lembra que desenvolve desde decembro, xunto co Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia, un proxecto denominado Rede para a recuperación dos ecosistemas mariños no Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia. Este proxecto conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, a través do programa Pleamar do Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP), dentro dunha iniciativa enmarcada dentro do proxecto LIFE IP INTEMARES, Gestión integrada, innovadora y participativa de la Red natura 2000 en el medio marino español.

Publicidade

O colexio desenvolve un proxecto para recuperar os sistemas mariños no arquipélago de Sálvora

O traballo, que ten lugar no arquipélago de Sálvora, na ría de Arousa, tanto na súa superficie terrestre como mariña. O seu obxectivo principal é conservar a biodiversidade e os ecosistemas mariños desde a sostibilidade, integrando á poboación local mediante a maior participación posible do sector pesqueiro, individualmente ou a través dos Grupos de Acción Local de Pesca (GALP). Colaboran tamén investigadores das tres universidades galegas, centros de investigación, voluntarios de diversa procedencia, asociacións, etc.

Especificamente trátase de fomentar o coñecemento, xestión e conservación dos recursos mariños especialmente nas zonas protexidas conforme á Directiva Marco da Estratexia Mariña, recoller as artes de pesca perdidas e outros refugallos mariños, favorecer a participación dos pescadores na protección da biodiversidade e mellorar o estado de conservación e a capacidade de renovación dos recursos naturais.

Publicidade

A última acción levada a cabo con este motivo foi unha xornada de recollida e caracterización de lixo mariño o día 15 de maio nas praias da Illa de Sálvora na que participaron voluntarios da Asociación AMICOS, a Asociación Española de Basuras Marinas (AEBAM), os estudantes do Curso Superior en Innovación, Competitividad y Emprendimiento en torno al MAR (ICEMAR) e os alumnos do Centro de Capacitación Forestal de Lourizán.

Neste mesmo senso, coincidindo coa celebración do Día do Medio Ambiente, o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia reitera a súa aposta por unha economía baseada no respeto polo ambiente e a sustentabilidade como único medio de conservar a nosa casa común.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tres cruceiros coinciden (outra vez) no porto de Vigo: isto é o que contaminan

Colectivos ecoloxistas denuncian o desembarque de 14.000 pasaxeiros provoca un turismo de altas emisións contaminantes, equivalente a que 18 millóns de coches circulen pola cidade

Unha grande obra hidráulica bloquea o caudal do río Umia: estas son as consecuencias medioambientais

Os biólogos alertan da alteración do ecosistema por unha obra que algúns dos afectados sospeitan que pode estar ligada ao abastecemento de auga da Illa da Toxa

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca

Un estudo da USC valida novos sistemas para eliminar contaminantes emerxentes nas augas residuais

A tese de Matías Rivadulla demostrou que algúns métodos innovadores permitiron eliminar máis do 90% dalgúns compostos farmacéuticos