A humanidade está usando o 173% da biocapacidade do planeta, di un estudo

Unha análise de investigadores estadounidenses advirte que a desigualdade no acceso aos recursos e o seu consumo ameaza a erradicación da pobreza

Unha investigación de científicos estadounidenses que publica esta semana a revista Nature Sustainabilty estima, con datos referidos ao ano 2017, que a poboación mundial está consumindo un 173% da biocapacidade do planeta. Isto é, estanse a gastar bastantes máis recursos naturais dos que os ecosistemas poden seguir mantendo. O traballo xurdiu cando os autores do artigo intentaron cuantificar o déficit de recursos naturais que afronta o planeta.

Os resultados supoñen, por tanto, unha importante sobrecarga, nunha tendencia que empeorou en boa medida nas últimas décadas. Por exemplo, hai 40 anos, en 1980, a sobrecarga era do 119%. Boa parte do aumento desta demanda impulsárono os países máis ricos, que requiren niveis de consumo cada vez máis altos, acudindo en parte a recursos doutros lugares. Algunhas prácticas, como a acumulación de gases de efecto invernadoiro, a acidificación dos océanos ou o esgotamento dos acuíferos están ameazando o equilibrio medioambiental, a xuízo dos autores, levando o planeta a un “colo de botella material“.

Publicidade

Hoxe en día, case tres cuartas partes da poboación mundial viven en países con ingresos por baixo da media e escaseza de recursos naturais, o que os sitúa nunha situación da chamada ‘pobreza ecolóxica’. Neste sentido, os expertos advirten que para abordar a erradicación da pobreza cómpre ter en conta o factor limitante que supoñen os recursos dos que dispón o planeta.

O traballo divide os países en catro cuadrantes, segundo o seu produto interior bruto (PIB) e o seu déficit ecolóxico local. Mediante o gráfico, que se pode ver baixo estas liñas, os investigadores ilustraron un panorama insustentable na demanda de recursos da humanidade.

Publicidade

figure2

Para os autores é esencial, por tanto, mellorar a seguridade no acceso aos recursos mediante a conservación e a restauración dos ecosistemas, a redución de combustibles fósiles ou a modificación dos patróns de consumo. De non abordarse este cambio, advirte, “o capital natural non poderá recuperarse e a esperanza dun futuro máis equitativo quedará socavada”.

En comparación co ano 1980, cando o 57% da poboación mundial vivía nun país coa “dobre maldición” de ter ingresos baixos e un déficit de recursos, agora é o 72% da poboación mundial na que vive nesta situación.

Na outra banda, os países con ingresos máis altos con déficit de recursos representan o 14% da poboación, pero consomen un 52% da biocapacidade do planeta. Neste espazo, os autores expoñen o casos de Suíza ou Singapur, que a pesar de non dispoñer de recursos propios, teñen acceso a eles pola súa capacidade para adquirilos noutros lugares. Neste sentido, destacan que se todos os habitantes do mundo estivesen na situación de Suíza, precisariamos arredor de 3,67 planetas para satisfacer a demanda mundial.

Con todo, o escenario máis perigoso atópase nos países de menores ingresos que non poden competir por recursos. Sen a axuda dos países máis ricos para ter acceso de forma equitativa ao que precisen, os habitantes destas rexións terán serios problemas a curto e medio prazo. “Continuar con este status quo empeorará as súas crises”, advirten. Poñen o exemplo de que unha recesión económica non é tan catastrófica en España como podería ser en Níxer ou Kenia, onde a inseguridade enerxética e alimentaria poñería en perigo a vida de moitas persoas.

“O artigo reforza a idea de que a seguridade dos recursos biolóxicos é un factor moito máis influente á hora de contribuír ao desenvolvemento có que poderían suxerir a maioría das teorías e prácticas económicas”, conclúen os autores do traballo, poñendo de manifesto a “desigualdade” que afecta ás distintas poboacións humanas.


Referencia: The importance of resource security for poverty eradication (Publicado en Nature Sustainability).

2 COMENTÁRIOS

  1. A revista Nature Sustainabilility publica un artigo sobre unha investigación que, advirte que a desigualdade no acceso aos recursos naturais e o seu consumo ameaza a erradicación da pobreza.

    Hoxe en día, case tres cuartas partes da poboación mundial vive en situación de pobreza enerxénica.

    O estudo reforza a seguridade dos recursos biolóxicos que son un factor influente no desenvolvemento na maioría das teorías e prácticas económicas”, os autores do traballo, poñen de manifesto a “desigualdade” que afecta ás distintas poboacións humanas.

  2. A revista Nature Sustainabilility publica esta semana un artigo sobre unha investigación duns cientificos estadounidenses que advirte que a desigualdade no acceso aos recursos naturais e o seu consumo ameaza a erradicación da pobreza.

    Hoxe en día, case tres cuartas partes da poboación mundial vive en situación de Pobreza Enerxénica

    O artigo reforza a seguridade dos recursos biolóxicos dado que son un factor influente no desenvolvemento na maioría das teorías e prácticas económicas”, e poñen de manifesto a “desigualdade” que afecta ás distintas poboacións humanas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tres cruceiros coinciden (outra vez) no porto de Vigo: isto é o que contaminan

Colectivos ecoloxistas denuncian o desembarque de 14.000 pasaxeiros provoca un turismo de altas emisións contaminantes, equivalente a que 18 millóns de coches circulen pola cidade

Unha grande obra hidráulica bloquea o caudal do río Umia: estas son as consecuencias medioambientais

Os biólogos alertan da alteración do ecosistema por unha obra que algúns dos afectados sospeitan que pode estar ligada ao abastecemento de auga da Illa da Toxa

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca

Detectada por primeira vez a atmosfera dun planeta rochoso nunha zona habitable

O achado, publicado na prestixiosa revista Science, supón un fito importante na busca de vida máis alá do noso sistema solar