Aviso amarelo en Galicia por unha intensa fronte de choivas

É a primeira borrasca deste outono e deixará precipitacións de máis de 40 litros por metro cadrado

Chega a Galicia a primeira gran borrasca do outono. Meteogalicia activou para este domingo o aviso amarelo pola fronte fría que entrará polo oeste en Galicia e que deixará choivas intensas ao longo da xornada.

En concreto, a alerta estenderase a partir de madrugada desde o litoral oeste da provincia da Coruña ata case todo o territorio de Ourense e Pontevedra. Esta situación, debida a unha borrasca que se situará sobre Irlanda, deixará abundantes precipitacións que darán lugar a acumulacións de máis de 40 litros por metro cadrado.

Publicidade

Imaxe de satélite da fronte fría que chega a Galicia.

En concreto, o aviso amarelo comezará ao redor das 3,00 da madrugada na costa oeste da Coruña e irase desprazando cara ao leste ao longo do día. Deste xeito, a partir das 21,00 e ata as primeiras horas do luns, a alerta xa só quedará activada na montaña ourensá.

Gráfico da AEMET coa fronte fría que atravesa o Atlántico.

Esta será a primeira fronte fría do outono na Comunidade galega, que deixará choivas xeralizadas en toda o territorio, aínda que máis abundantes no sur, e temperaturas máximas por baixo dos 20 graos na maioría de puntos.

Publicidade

A afectación desta fronte bastante intensa podería estenderse á xornada do luns, que terá características similares, aínda que as choivas minorarán co paso das horas. Esta primeira fronte fría dará paso ao tempo de outono en Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Dentro do ‘Odón de Buen’, o buque ‘vigués’ que navega cara á nova campaña científica na Antártida

O oceanográfico construído en Galicia participará por primeira vez nas operacións de apertura das bases españolas do polo sur

Galicia facilita o acceso a Lenzetto dende o estranxeiro ante o desabastemento do fármaco para a menopausa

A falta de tratamento indicado para tratar os síntomas da deficiencia de estróxeno tras a menopausa ten outras alternativas financiadas

Que é o efecto Fujiwhara? O fenómeno polo que un tren de borrascas regará Galicia

Unha fronte activa avanzará polo oeste peninsular e deixará choivas que se manterán canto menos ata o xoves

As emisións bioxénicas de CO2 aumentaron o 64% en Galicia dende 1990

Se se contabilizasen nos inventarios oficiais, elevarían nun 20% o balance galego de gases de efecto invernadoiro