A mundialmente famosa etóloga, Jane Goodall, considérao un dos momentos máis marabillosos da súa vida. A liberación da chimpancé Wounda. Como moitas outras vítimas acollidas polo Instituto Jane Goodall na República do Congo, Wounda, que foi arrebatada da súa familia e do seu fogar por cazadores furtivos, foi salvada do comercio ilegal de carne. Chegou ao Centro de Rehabilitación de Chimpancés en Tchimpounga aferrándose á vida. Grazas ao coidado do experimentado equipo do Instituto Jane Goodall, recibiu apoio e tratamento médico sumado ao afecto e o amor dos seus coidadores. A súa recuperación foi incrible e incluíu o que se cre que foi a primeira transfusión de sangue entre chimpancés en África. Nela participou activamente, a discípula galega de Goodall, a ferrolá Rebeca Atencia.
Logo dun procedemento que levou anos de preparación, o Instituto Jane Goodall finalmente terminou de reunir a un grupo de 50 chimpancés (dous grupos de ao redor de 20 individuos) e trasladounos ao santuario na illa de Tchindzoulou en Tchimpounga. O que moitos non saben do vídeo orixinal de Wounda é que esta chimpancé estaba a abrazar á doutora Jane Goodall e agradecéndolle ao equipo do IJG como á doutora Rebeca Atencia que salvou a súa vida, como resposta logo de ser liberada na illa, a cal agora é o seu fogar, do mesmo xeito que o dos outros 50 chimpancés. Estas illas illadas brindan un fogar natural a salvo dos cazadores furtivos, a transmisión de enfermidades e chimpancés salvaxes. Aínda que os chimpancés rescatados nunca poderán ser reintroducidos na natureza, estas illas son unha maneira importante de replicar unha forma de vida natural xunto a outros chimpancés rescatados.
Para garantir unha dinámica exitosa nas illas, o equipo do IJG pasou por un extenso proceso. Confórmanse dous grupos de chimpancés compostos por chimpancés de ambos os sexos e distintas idades, coa intención de replicar un grupo de chimpancés que vive na natureza. Os dous grupos fan quendas para pasar en día nos bosques da illa e logo regresan á noitiña para durmir dentro das instalacións da illa, o cal propicia unha vida saudable e satisfactoria para todos os chimpancés.
Logo de todo o que viviu, Wounda é a femia alfa dun destes grupos. Do mesmo xeito que todas os chimpancés que viven en Tchimpounga, Wounda recibiu un implante anticonceptivo de longa duración, pero, como pode ocorrer ocasionalmente, o implante fallou. Agora é a nai dun chimpancé chamado Hope.
Wounda adaptouse rápido ao seu novo fogar e está a formar vínculos profundos cos outros grupos de chimpancés rescatados. Os chimpancés do seu grupo normalmente achéganse facéndolle xestos de submisión e amizade tanto a Wounda como ao macho alfa, Kefan, que é un aliado próximo a ela. A femia, Koukele, ocasionalmente achégase a Wounda e mórdelle o brazo suavemente, sen ocasionarlle dor. Entre os chimpancés, este xesto simboliza confianza. Wounda sempre retribúe os xestos amigables e acariña aos chimpancés que os realizan.
A miúdo, o mellor amigo de Wounda, Kudia, xoga con Hope e este séguelle o xogo con sutís comportamentos de submisión. Hope está a comezar a explorar os seus arredores e aínda que Wounda é sobreprotectora e só permite que amigos próximos interactúen con el, está a deixar que máis membros do grupo sexan parte da emoción deste novo bebe. A través de todas as nosas observacións, aínda é extraordinario lembrar que hai non moito tempo, non era claro se Wounda sobreviviría. Agora, trouxo unha nova vida ao mundo e é un chimpancé moi querida neste santuario.
A segunda fase deste proceso é a integración, a cal tentará unificar estes dous grupos en Tchindzoulou. O proceso é altamente complexo e tense en conta cada detalle, incluíndo a xerarquía dos chimpancés, o sexo, a orixe, se tiveron relacións previas con outros chimpancés e as súas personalidades. Isto axudará ao equipo do IGJ a determinar en que orde os chimpancés serán presentados uns con outros.