Descobren a clave do ‘petricor’, ese cheiro despois da choiva

A revista Nature publica a investigación, que atopa que a xeosmina atrae uns artrópodos para facilitar a reprodución dunha bacteria

O petricor é ese cheiro especial que sentimos ás veces ao chover sobre o chan seco.

Petricor. É unha palabra rara e un cheiro difícil de esquecer. Pero podes recoñecer ese aroma a terra que aparece cando a choiva golpea o chan seco. Unha nova investigación, publicada este ano na prestixiosa revista Nature, descubriu por que non só os humanos nos sentimos atraídos por este cheiro incriblemente agradable.

O cheiro do petricor que podemos detectar despois da choiva provén dun composto orgánico chamado xeosmina , que é producido por microbios, incluído o xénero de bacterias Streptomyces.

Tamén sabemos que as Streptomyces libera xeosmina cando morren, e que os humanos e outras criaturas están particularmente sintonizados con ela. A pregunta, por suposto, é: por que sucede isto?

Un equipo internacional de investigadores propúxose explicar por que as bacterias producen xeosmina e se outras criaturas puideron gozar do seu cheiro tanto como nós.

“Para investigar as posibles funcións da xeosmina e outros compostos orgánicos volátiles de Streptomyces no contexto dos ecosistemas do solo, preguntamos se o cheiro de Streptomyces spp. podería atraer aos artrópodos que habitan na terra”, escribiu o equipo internacional de investigadores no seu novo artigo.

E iso foi é exactamente o que atoparon.

“Nunha rede de trampas de campo cebadas con colonias de Streptomyces coelicolor, atopamos unha atracción significativa de colémbolos, un grupo de artrópodos”.

Ese cheiro despois da choiva ten nome: petricor

O equipo realizou varios experimentos tanto no campo como no laboratorio para ver os efectos da xeosmina e outro composto chamado 2-metilisoborneol (2-MIB) nas criaturas do bosque, particularmente nos colémbolos, pequenos artrópodos cun apéndice en forma de cola, que adoitan vivir en materiais orgánicos como a follaxe no solo dun bosque.

Resulta que os colémbolos son grandes fanáticos da xeosmina. Poden sentila coas súas antenas, e resulta para eles dunha atracción irresistible para alimentaranse dos Streptomyces que a producen.

Pero, por que unha bacteria se esforzaría tanto en ser absorbida por un artrópodo? Aínda que producir un cheiro agradable para ser devorado pode semellar unha mala idea, Streptomyces en realidade ten un plan.

Streptomyces actúa, de moitas maneiras, como un fungo. Parécese moito a un fungo filamentoso, e cando está listo para reproducirse, crea esporas, que poden propagar novas bacterias por todas partes. Pero, para facer iso, necesita un vector, que son os colémbolos.

A molécula da xeosmina.

“Estes artrópodos aliméntase das colonias de Streptomyces e diseminan esporas tanto a través de gránulos fecais como a través da adherencia á súa cutícula hidrofóbica” , explica o equipo.

“Os resultados indican que a produción de xeosmina e 2-MIB é unha parte integral do proceso de esporulación, completando o ciclo de vida de Streptomyces ao facilitar a dispersión de esporas polos artrópodos do solo”.

A vindeira vez que cheires a choiva, poderás gozar co feito de que ese aroma tan especial, chamado petricor, representa o círculo completo da vida, da alimentación á reprodución

E aquí podes consultar a investigación publicada en Nature

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.