As chuvias en toda Galicia serán breves: mañá volve o bo tempo

MeteoGalicia explica que a situación débese ao paso dunha fronte, responsable das precipitacións intermitentes deste luns. As máximas seguen en descenso

As chuvias deste luns serán, con toda probabilidade, un pequeno oasis. Segundo as previsións de MeteoGalicia as precipitacións tan esperadas para os encoros e os cultivos volverán a non ser suficientes para darlle a volta á situación de seca en Galicia. O servizo meteorolóxico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda explica que mañá marte, o mércores e máis o xoves as temperaturas volverán subir deixando tardes cálidas e solleiras. A causa? Un anticiclón que está a protexer o norte da península Ibérica das borrascas do océano Atlántico.

Previsión semanal de MeteoGalicia sobre probabilidade de precipitacións

Porén, a partir do venres, chega un período de maior incertidume, xa que será o preámbulo dun sábado cun forte cambio da dirección do vento a sur. Iso, explican dende MeteoGalicia, aumenta notablemente as probabilidades de chuvia. Precipitacións absolutamente necesarias para minguar un verán singularmente seco e sobre o que a Axencia Estatal de Meteoroloxía ven advertindo da necesidade dun outono e un inverno especialmente húmidos.

Publicidade

Máximas estivais

A imaxe das paisaxes galegas deste luns en tódalas partes do territorio choca de xeito frontal coa previsión tanto de MeteoGalicia como da AEMET para os vindeiros días. De feito, mañá, martes, a cidade de Pontevedra chegará a máximas de 28ºC e Ourense e Vigo rozarán os 27ºC, debuxando un mapa máis propio do estío que do outono. As predición son máis humildes para o norte de Galicia. Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol e máis Lugo moveranse en máximas de entre 21ºC e 24ºC. As mínimas na costa non baixarán de 14ºC e no interior chegarán aos 11ºC.

A situación se prolongará de xeito similiar durante o mércores e, agora si, o xoves comezarán a caer as máximas pouco a pouco. As probabilidades de que haxa precipitacións durante a fin de semana superan o 50% en todo o territorio e superan o 65% a partires do sábado.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O aire polar provocará un descenso brusco das temperaturas dende o martes en Galicia

O descenso térmico irá acompañado de vento de mar no litoral da Coruña, onde se ditamina a alerta amarela

Unha nova fronte atlántica acende a alerta por temporal marítimo na costa da Coruña

MeteoGalicia informa de que as precipitacións chegarán na xornada do martes, pero a influencia anticiclónica volverá a partir do mércores

A calor dispara a contaminación por ozono en Galicia ao seu nivel máis alto dende 2019

Un informe anual de Ecoloxistas en Acción alerta de episodios que superaron o limiar de información en Vigo e As Pontes

2026 rexistrou o segundo mes de setembro máis cálido dende hai 65 anos

A temperatura media alcanzou os 20,4 graos, 2,4 por riba do habitual, mentres que a chuvia quedou un 52% por baixo da media histórica