Venres 19 Abril 2024

Adega denuncia que a cazaría do lobo en Friol se saldou coa morte dun can

A batida do lobo autorizada por Medio Ambiente en Friol (Lugo) saldouse como ‘unha chapuza de principio a fin’, segundo a expresión utilizada pola organización ecoloxista Adega. Os cazadores mataron un can, aínda que en principio distribuíron fotos que aparentaban que a peza abatida era un efecto un lobo.

A batida celebrouse o pasado sábado e os cazadores empregaron foguetes para ver de asustar a os lobos e guialos cara aos postos onde esperaban os tiradores armados con escopetas. Adega manifestou en redes sociais que ven varias irregularidades na batida, como a presenza de menores de idade.

Publicidade

O municipio de Friol está encadrado na zona 1, segundo o Plan de Xestión do Lobo de Galicia, na cal, en base á normativa, se poden realizar “controis puntuais” -é dicir, batidas- “non previstos na planificación, a solicitude das persoas afectadas polos ataques do lobo, no caso de danos recorrentes e tendo en conta os criterios establecidos a tal fin”. Nos últimos anos, varios medios de comunicación fixéronse eco dos ataques dos cánidos ao gando da zona.

Autorizada pola Consellería de Medio Ambiente, a batida contou coa oposición de Adega, que lle reclamou á Xunta a denegación da mesma. O grupo conservacionista di que este tipo de medidas deben ser“de moi marcada excepcionalidade“, que “só debería ter lugar cando quedara demostrado non resultar efectivas a aplicación combinada de medidas preventivas e pagos por danos”. A entidade ecoloxista incide, deste xeito, en priorizar o asesoramento aos afectados por parte das administracións, para previr os ataques. E, por outra banda, tamén lle demanda á axilidade nos pagos polos danos causados polo lobo.

15 COMENTÁRIOS

  1. E tamen teñen dereito a morrer de forma salvaxe na natureza a mans dun depredador, o ser humano que os desfruta na veda e os protexe coma moitos de vos e cando se constatan danos o que quere participa nunha batida. De forma legal e necesaria. Participar da natureza coma depredador é tan natural coma participar coma observador e naruralista.

  2. Infelizmente encanto o medio ambiente e a xunta non evolucionen mentalmente, continuara todo igual, por moitas firmas, alguns dos señores do medio ambiente benefician de favores dos cazadores, encanto no mundo civilizado se intenta protexer especies en peligro como e o caso do lobo, estes energúmenos dicen que hay moitos, cerca de 300, pa estos srs solo estara en peligro cando quede so 1, e ademais antes de xestionar unha batida de esta caracteristica, non se deveria demostrar analizando a mordida e o entorno do medio si realmente foi un lobo que matou a vaca ou a ovella ou que sexa, pareceriame de bo sentido que deixasen de decir bobadas, e que realmente tomasen posicion de defensa do medio ambiente que pa eso estan, e non destruir, e si eses srs non sirven po posto que deixen o cargo a personas que o defendan, sexa a fauna o flora, e unha vergonza, entre os incendios que ten habido e batidas a animales, esta xente deberia vivir nunha chabola no medio da poluicion como en certas cidades, e mascaras pa saber o que e bo. E os cazadores, deberian ser fiscalizados e os cas tamen, non e normal haber tipos con 20 cas pasando por condicios miserables, comendo pouco, ou sin comer porque si non non teñen ganas de cazar, e no dia de caza nin auga lles dan, metidos nos carros, encanto fan as comidas e se emborrachan, depois hay o tipico, que como o can non caza pois pegalle un tiro ou peor ainda, si, srs realmente deveria haber un control moi restrito ao dar licencias, sin facer examenes mentales a esta gente, seprona que son outros que por uns € nada fan, nas batidas levan as tiras para por a peza de carne, como o xabali e o corzo, pero onde esta a vixilancia dos gatos que matan, os cas, as raposas, as aguias, si eses tamen son mortos nos dias de caza, e nadie se importa, porque os cazadores calanse a boca, e como si fose pouco ainda usan metodos que estan prohibidos como o lazo e os ganchos que mutilan os animales, ou envenenan o monte matando cas e outros. Todo esto deberia ser moi controlado, e non multar con uns simples €, si non con a retirada do permiso arma. Si un civil para a a sua protecion, ten de demonstrar que esta ben psicologicamente e lle fan unha chea de controles como falar cos viciños e solo lle dan o permiso a alguns debido ao seu traballo, nin o spray de defensa se pode usar sin demostrar o psicologico e esta gente van a guardia civil fan un impreso e via xa poden comprar unha escopeta ou rifle, preguntome porque non fan o mismo a esta gente.non entendo, como se pode ser tan estupidos, e depois escoitanse nas moticias que matan a gente a escopetazos, e de quen e a culpa? Pa min da persona que lle pasou o permiso, esta e a miña revolta contra os cazadores ignorantes e o sistema que mais unha vez comproba que a justicia esta a favor dos criminosos.

  3. Es prehistorico matar a animales inocentes,deberian prohibirlo y sancionar a las personas que lo ejecutan.Debemos avanzar como seres humanos civilizados.No al maltrato animal.

  4. NO A LA CAZA!!!! Basta ya!!!! Que se busquen otro hobbie vaya diversion matar animales…somos peores los humanos que los animales sin duda…

  5. No al asesinato de los animales. Construyamos un mundo civilizado. Si tratamos así a nuestros semejantes merecemos que nos traten así a nosotros.

  6. No al asesinato de los animales. Construyamos un mundo civilizado. Si tratamos así a nuestros semejantes merecemos que nos traten así a nosotros.

  7. Que risa más grande, los de siempre los que se encargan de coaccionar para que no se cumpla la ley, si yo fuera político le encargaría a adega el plan de gestión do lobo e verías ti que maravilla de plan cinexetico mais bo, eso si dependendo da pasta que cobraran por el, acababase a tontería da non caza. Que nos conecemos, moitos de vos que sodes anticaza nos medios jeje vivides en parte de facer plans cinexeticos para tecores pagados por cazadores y a outra parte a das subvencións pagadas cosa lizenzas e taxas de cazadores e tecores, pío pío pío menudos paxariños estades feitos. Pero que riquiños.

  8. Sea un perro, un lobo…o cualquier animal, tiene derecho a vivir al igual que todos nosotros. La caza es una actividad prehistórica que se realizaba como modo de supervivencia, ahora no hay nada que la justifique, es una injusticia y una aberración, al igual que muchas otras actividades que atentan con la vida de los animales.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas

Novos achados revelan o carácter funerario da ‘roda’ de Adai, un xacemento único en Galicia

A descuberta dunha ola que se conserva completa e de pé sobre unha lousa suxiren que servía para actos rituais fundacional

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura

Velutinas, porco vietnamita, cangrexo vermello… Así chegan a Galicia as especies invasoras

María José Servia, investigadora da UDC, augura novos exemplares “co foco poco posto nos himenópteros: avespas, formigas e abellas”