Venus ao través de pingas de auga

Créditos da imaxe e copyright: John Bell
Créditos da imaxe e copyright: John Bell

Explicación: Venus, agora a “estrela” brillante nos ceos vespertinos do planeta Terra, captouse nesta creativa astrofotografía. Tirada cunha lente de “enfoque achegado” o 18 de xaneiro desde Milton Keynes (RU), amosa varias imaxes do ceo por riba do horizonte occidental xusto despois do solpor. As imaxes foron creadas por pingas de auga sobre un vidro apoiado nunha árbore. A tensión superficial converte as pingas de auga en formas semellantes a lentes simples. Coa refracción da luz, as pingas crean imaxes invertidas, polo que escena rotouse para permitir unha visión máis cómoda ao dereito dunha paisaxe celeste macro-múltiple.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo