A Xunta prohíbe o marisqueo na Pobra do Caramiñal por unha vertedura de fuel

A Consellería do Mar aínda non aclarou se esta contaminación está relacionada coa atopada esta semana en praias da Illa de Arousa

A Xunta de Galicia acaba de prohibir o marisqueo na Pobra do Caramiñal por unha vertedura de fuel descoñecida. Como consecuencia da contaminación detectada este xoves nesta zona da ría de Arousa e co gallo de evitar que chegen ao mercado productos mariños en condicións non aptas para o consumo humano, o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia decidiu prohibir cautelarmente a extracción de moluscos bivalvos cultivados en viveiros flotantes.

O helicóptero Pesca I foi o que deu aviso durante a mañá deste xoves sobre o avistamento de “manchas de hidrocarburos” moi preto da costa de Meloxo e da Pobra do Caramiñal. Isto fixo que a consellería do ramo activase de novo o Plan Nacional de Salvamento contra a Contaminación, igual que aconteceu este martes logo da chegada de fuel a dúas praias da Illa de Arousa.

Publicidade

Dende o Goberno galego aínda non aclararon se as dúas verteduras de hidrocarburos están relacionadas. Mariscadores e mariscadoras da ría de Arousa confirman que os helicópteros Pesca I e Helimer e os buques Sebastián de Ocampo e María Pita patrullan a ría en busca de novas verteduras contaminantes xunto cos medios da Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (Sasemar). Malia todo, reclaman responsabilidades: “Como se pode explicar que avisando o buque de que fai a vertedura chegue a entrar na ría de Arousa? Onde está a oceanografía operacional de Puertos del Estado e da Xunta de Galicia?”, denuncian dende a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Tres cruceiros coinciden (outra vez) no porto de Vigo: isto é o que contaminan

Colectivos ecoloxistas denuncian o desembarque de 14.000 pasaxeiros provoca un turismo de altas emisións contaminantes, equivalente a que 18 millóns de coches circulen pola cidade

Unha grande obra hidráulica bloquea o caudal do río Umia: estas son as consecuencias medioambientais

Os biólogos alertan da alteración do ecosistema por unha obra que algúns dos afectados sospeitan que pode estar ligada ao abastecemento de auga da Illa da Toxa

O caso da sentenza das Conchas: por que a Xunta volve abrir o decreto sobre nitratos da Limia?

A reapertura da consulta pública coincide co primeiro fallo do TSXG sobre o encoro e impulsa o debate para frear a contaminación da comarca

Un estudo da USC valida novos sistemas para eliminar contaminantes emerxentes nas augas residuais

A tese de Matías Rivadulla demostrou que algúns métodos innovadores permitiron eliminar máis do 90% dalgúns compostos farmacéuticos