A Misión Biolóxica de Galicia do CSIC, á procura de novas variedades de xudía

O grupo de Xenética do Desenvolvemento de Plantas da entidade do CSIC participa no proxecto estatal Optibean, que busca mellorar o cultivo da hortaliza

O Grupo de Xenética do Desenvolvemento de Plantas da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC participa no proxecto “Novas variedades de xudía para tendencias emerxentes no consumo de hortalizas”, no que tamén colaboran a Universidad de Almería e dúas empresas do sector, Lara Castañeda e Ramiro Arnedo, coordinadora esta última do proxecto.

O traballo, co nome de Optibean, conta con financiamento privado e público a través do Plan Estatal de I+D+i, ten como obxectivo a cooperación entre empresas e científicos para “promover o desenvolvemento de novas tecnoloxías, a aplicación empresarial destas innovacións e a creación de novos produtos e servizos. Neste senso, subliñan os seus impulsores, “a xudía verde é o cultivo de hortaliza que nos últimos anos presentou maiores incrementos no consumo” en España.

Publicidade

Porén, produciuse tamén un notable descenso na superficie de cultivo debido fundamentalmente á competencia exercida polos produtos procedentes de terceiros países. Ante isto, segundo a investigadora Marta Santalla Ferradás, da MBG, “o consumidor español valora a calidade do produto tradicional, polo que na actualidade pode considerarse que o mercado español está en expansión”, o que abre oportunidades para a mellora da calidade da hortaliza. O proxecto busca responder así á competitividade das importacións doutros países, “cun maior valor engadido mediante o prestixio e a identidade da produción nacional”.

I+D+i para a xudía

Con estas premisas, o equipo de Optibean busca “contribuír á innovación no sector agroalimentario e propiciar a súa diversificación cara a novos produtos de xudía verde que ofrezan mellor calidade e cuxos sistemas de produción minimicen o impacto medioambiental, o que terá unha repercusión positiva na apertura de novas canles de comercialización e na mellora da sustentabilidade da produción agraria”, destaca Marta Santalla.

Publicidade

A investigación abordará tamén a mellora xenética de variedades tradicionais para optimizar o seu potencial produtivo e unha maior calidade de valor engadido, o que repercutirá na cadea de produción. Para isto abriranse catro liñas de actuación: estudo da agrodiversidade da xudía e selección de novas variedades para o mercado; mellora da calidade e conservación post-colleita precisa para o mercado fresco; mellora xenética da resistencia a enfermidades como estratexia para a produción sostible; e análise da sustentabilidade económica do cultivo das novas variedades élite e identificación de estratexias de valoración e determinación do impacto socioeconómico.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A recuperación da avea moura, o cultivo de orixe galega que desapareceu dos campos

Un proxecto de Misión Biolóxica de Galicia explora o potencial da especie tradicional con enfoque comercial para usos gastronómicos e cosméticos

Nace unha app de ciencia cidadá para o seguimento da agresiva alga asiática presente en Galicia

A ferramenta deseñada polo CSIC busca mellorar o coñecemento dunha especie invasora que apareceu nas costas galegas en 2024

Do ‘vermicompost’ ao uso de ozono: un estudo da USC avalía o impacto ambiental de alternativas agrícolas

A tese de Sara Lago evidencia que determinadas prácticas sostibles non sempre presentan un mellor desempeño cando son analizadas de maneira integral

O CSIC liderará a recuperación e musealización das singulares salinas romanas do Aguncheiro

A intervención permitirá escavar 300 metros cadrados, consolidar as estruturas e abrir o singular complexo da época imperial ás visitas