A balea gris volverá ao Atlántico máis de cinco séculos despois

Este cetáceo é o foco dos proxectos de investigación que anticipan o seu eventual regreso ás augas europeas despois dunha ausencia de medio milenio.

Unha balea gris adulta | José Eugenio Gómez Rodríguez
Unha balea gris adulta | José Eugenio Gómez Rodríguez

O investigador holandés Youri van dean Hurk está a prepararse para unha posible grande benvida: o regreso da balea gris ás augas europeas despois dunha ausencia de arredor de 500 anos. A balea gris desapareceu do Atlántico oriental no século XV e do Atlántico occidental entre os séculos XVII e XVIII. Este investigador da Universidade Norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía (NTNU) é parte dun proxecto inspirado en varios avistamentos individuais no Océano Atlántico durante a última década de baleas grises de poboacións procedentes do Pacífico Norte.

“A balea gris é a única especie de balea que desapareceu por completo de todo un océano”, reflexiona o invstigador. Van dean Hurk forma parte do proxecto Demise of the Atlantic Gray Whale Project (DAG) financiado por Horizon Magazine, que está a investigar se a especie podería regresar ás augas europeas.

Unha mellor visión do futuro, por suposto, require unha comprensión máis clara do pasado. É por iso que DAG tamén está a avaliar as causas da erradicación da balea gris no Atlántico oriental fai cinco séculos, buscando información sobre os factores que poderían conducir ao regreso dos cetáceos costeiros. As baleas grises poden crecer até 15 metros de longo e pesar até 40 toneladas, o que equivale ao peso combinado duns 20 automóbiles. A súa vida é xeralmente de 50 a 70 anos.

As baleas barbadas

As baleas barbadas on parte dunha clase de baleas cuxas bocas presentan placas de óso en forma de peite coñecidas como barbas en lugar de dentes. Todas as baleas barbadas comen filtrando plancto, krill e pequenos peixes da auga de mar.

As baleas grises collen comida do fondo do mar mentres nadan e rodan sobre os seus costados, unha práctica coñecida como alimentación no fondo pouco común para outras baleas barbadas. As plumas de lodo resultantes son importantes para o ecosistema porque producen nutrientes e crustáceos que enriquecen a outras formas de vida mariña.

“A balea gris é a única especie de balea que desapareceu por completo de todo un océano”.

YOURI VAN DEAN HURK, DAG

As baleas grises teñen unha das migracións máis longas coñecidas de todos os mamíferos, deixando os seus lugares de alimentación no Ártico entre setembro e outubro e nadando cara ao sur até uns 10.000 quilómetros ao longo da costa para reproducirse nas cálidas augas de México. “Non está claro que provocou a súa desaparición do Atlántico, xa sexa un factor ambiental, un factor humano ou unha combinación de ambos”, reflexion van dean Hurk.

Os investigadores saben que a poboación de baleas grises do Atlántico comezou a diminuír gradualmente fai aproximadamente 50 000 anos, un proceso que os expertos sospeitan foi impulsado por factores ambientais. No século XVI, varias culturas baleeiras estaban activas en toda Europa, o que levou a van dean Hurk a sospeitar que contribuíron á extinción das baleas. Aínda así, determinar os factores exactos que causaron esta erradicación segue sendo o desafío básico. Responder a esta pregunta será crucial para os esforzos de conservación en Europa no caso de que a especie regrese, segundo explica o investigador holandés.

Baixo a supervisión do Dr. James Barrett, investigador histórico e ambiental da NTNU, van dean Hurk analizou o coláxeno conservado nos ósos de balea atopados en sitios que varias tribos de Europa, incluídas España, o suroeste de Francia, Normandía e Escandinavia adoitaban habitar. A súa mostra total ascendeu a 717 fragmentos de ósos, incluídos 109 de baleas grises. “Onde vivía a xente, a miúdo levaban restos óseos das especies que capturaban ou tamén podería ser que as baleas encallasen na costa e que os aldeáns levasen os seus ósos aos seus asentamentos”, argumenta van dean Hurk.

As mostras levaron a un laboratorio da Universidade de Cambridge en Inglaterra, onde os investigadores realizaron espectrometría de masas, unha técnica analítica utilizada para medir a relación masa-carga dos iones. Unha proteína ósea coñecida como coláxeno xoga un papel central na análise.

Influencias malignas

Unha vez que se recompilaron os resultados, o seguinte paso será modelar as rutas de migración das baleas para proporcionar información sobre influencias malignas como a contaminación por plásticos ou o ruído dos barcos, que probablemente afecten a calquera repoboación do Atlántico oriental.

O ruído dos barcos é o foco de investigación de Jakob Tougaard, profesor do Departamento de Ecoloxía Mariña da Universidade de Aarhus en Dinamarca. Como parte doutro proxecto de investigación financiado por Horizon chamado SATURN, estivo examinando as respostas dos mamíferos mariños ao ruído submarino dos barcos de observación de baleas.

“Moito ruído durante a maior parte do tempo é un gran problema”, explica Tougaard. “En augas abertas, a fonte principal desa contaminación é a navegación comercial e, máis preto da costa, son as pequenas embarcacións privadas“. Esas perturbacións reducen o tempo que as baleas pasan buscando comida ou alimentando ás súas crías, o que ameaza a súa supervivencia. O proxecto SATURN asesora aos reguladores e partes interesadas sobre os límites aceptables do ruído dos buques e os mellores enfoques para a redución do ruído radiado baixa a auga.

O ruído submarino

Aínda que a promulgación de novas regulacións de envío pode ser, en xeral, “un proceso dolorosamente lento”, anticipa a implementación de normas europeas máis estritas para limitar o ruído submarino. “Son optimista, hai moitas persoas que piden a berros acción agora”, di Tougaard. Nos próximos anos, espera ver acordos dentro da UE que establezan novos límites no ruído dos barcos.

Mentres, en Noruega, van dean Hurk de NTNU contempla o posible regreso da balea gris ás augas europeas. Cre que o cambio climático pode aumentar as posibilidades. Como resultado do aumento das temperaturas, o Paso do Noroeste, a ruta marítima entre o Atlántico e o Pacífico a través do Ártico, estivo aberto por máis tempo. Isto provocou que polo menos catro baleas tomaran un xiro equivocado no norte de Alaska, levándoas ao Atlántico en lugar de regresar ao Pacífico norte, segundo a investigación de van dean Hurk. No verán de 2021, por exepmplo, unha balea gris terminou na costa de Marrocos e tamén foi vista preto de Francia e Italia.

Unha mensaxe de esperanza

As baleas grises poderían tardar décadas en recuperar o seu hábitat no Atlántico oriental, segundo van dean Hurk. En calquera caso, a mera perspectiva do seu regreso envía unha “mensaxe de esperanza”, argumenta. “Isto demostra que o impacto que temos na nosa contorna aínda pode reverterse”, remata.


A investigación descrita neste artigo financiouse con fondos da UE. Artigo publicado orixinalmente Sofía Strodt en Horizon, a revista de Investigación e Innovación da Unión Europea. Podes ler este artigo na revista Horizon Magazine premendo esta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.