O telescopio James Webb captura aneis de po en forma de “pegada dixital”

O dúo de estrelas Wolf-Rayet 140 está localizado a pouco máis de 5.000 anos luz da Terra e é o responsable deste fenómeno

O telescopio espacial James Webb volve sorprender cunha imaxe nunha vista. A súa última fotografía captura preto dunha vintena de aneis de po concéntricos que emanan de dúas estrelas, creando o efecto dunha “pegada dixital”. O dúo coñécese como Wolf-Rayet 140 e está localizado a pouco máis de 5.000 anos luz da Terra. “A imaxe ilustra como de sensible é o telescopio. Antes só se podían ver dous aneis de po cos observatorios terrestres. Agora vemos, polo menos, 17”, indica o astronómo Ryan Lau, autor principal dun estudo que acaba de ser publicado en Nature Astronomy.

Cada un dos aneis que se aprecian na fotografía creáronse cando as dúas estrelas se achegaron e os seus ventos estelares —é dicir, correntes de gas que se expulsan ao espazo— se atoparon, comprimindo o gas e formando po. As órbitas das estrelas únense unha vez cada oito anos. Dende a NASA explican que, de igual modo que acontece cos aneis do tronco dunha árbore, estes círculos de po tamén marcan o paso do tempo. “Estamos vendo máis dun século de produción de po deste sistema”, indica Lau, ao tempo que eloxia a sensibilidade xeral do James Webb e loa o seu instrumento do infravermello medio, denominado MIRI, “excepcionalmente cualificado” para estudar aneis de po.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O James Webb detecta a galaxia ‘morta’ máis antiga coñecida

Un equipo internacional de astrónomos, con participación española, observou que a formación estelar non formaba novas estrelas 700 millóns de anos despois do Big Bang

Seis imaxes que cambiaron a historia da ciencia

https://theconversation.com/javascripts/lib/content_tracker_hook.js *Un artigo de O ser humano empregou primeiro o debuxo e...

Estas son as primeiras imaxes do telescopio Euclid, as máis nítidas do universo

A misión da Axencia Espacial Europea ofrece fotos a toda cor de diversas galaxias, nun proxecto no que participa o CITIC con algoritmos de intelixencia artificial

As primeiras imaxes do telescopio ‘Euclid’ anuncian o que está por vir

Os científicos pretenden debuxar o maior mapa 3D do espazo exterior xamais creado