Bautizar a vindeira borrasca co teu nome custa 199 euros

Universidade Libre de Berlín.
Universidade Libre de Berlín.

Mentres a tormenta Stephanie bate Galicia, a cidadá alemá Stephanie Schrecker está a vivir unha homenaxe. Porque esta muller pagou por lle dar o seu nome á borrasca. O mesmo que a súa compatriota Ruth Radeke, que pasou por caixa para bautizar a anterior cicloxénese explosiva. En poucos días, Kristina Gaster terá a honra de ver como o seu diminutivo cariñoso –“Tini”- arrasa Europa con ventos tempestuosos. Porque as tormentas adoitan levar nomes de persoas reais.

Bautizar un temporal é posible e ten prezo: 199 euros. Pode ser un orixinal regalo para San Valentín. Ou a oportunidade de dar unha sorpresa á sogra. O seu nome sairá en todos os telexornais, mentres a borrasca destrúe paseos marítimos, derruba árbores, pecha aeroportos e corta electricidade, estradas e vías férreas.

Publicidade

En Europa, o organismo encargado dos nomes é a Universidade Libre de Berlín. Abonda encher un formulario e aboar o prezo para conseguir entrar na lista tras Petra, Qumaira, Ruth e Stephanie. O bautismo prodúcese por orde alfabética entre todos os que pagaron. E cando se chega á “z”, volve empezar pola “a”.

É posible que a muller ou a sogra non queden satisfeitas co agasallo. Pero non importa. Os anos pares, as borrascas chámanse con nome de muller. E os impares, de home. Así que en 2015 terán unha boa ocasión de desquitarse.

Poñer nome a un anticiclón sae máis caro porque duran máis tempo: 299 euros

A Universidade Libre berlinesa leva dende 1954 asignando os nomes aos fenómenos atmosféricos europeos. E dende 2002, permite aos cidadáns bautizalos, sempre previo pagamento. Os anticiclóns, máis duradeiros, son tamén máis caros: 299 euros. Pero non adoitan ter o impacto mediático das tormentas. Co diñeiro recadado, o Instituto de Meteoroloxía de Berlín financia parte das súas actividades.

Non é posible por agora bautizar os ciclóns tropicais. No caso dos tifóns (no Pacífico) e dos furacáns (no Atlántico), o nome asígnallo a Organización Meteorolóxica Mundial. O costume xurdiu durante a II Guerra Mundial nos EUA e mantense ata hoxe, con nomes xa míticos como o Katrina, que arrasou Nova Orleáns en 2005.

Campaña “Adopt a Vortex”

No último ano, unha compañía privada –Weather Channel– comezou a bautizar os fenómenos meteorolóxicos dos EUA pola súa conta, a cambio de cartos. A iniciativa espertou unha gran polémica, aínda que a canle o xustifica dicindo que un nome axuda ao público a identificar o risco e tomar precaucións ante unha alerta por xeo, neve, trebóns ou fortes ventos. Para moitos meteorólogos en realidade só se trata dun negocio.

En Europa, en cambio, a Universidade Libre de Berlín permite ao público poñer os seus nomes. E os fondos dedícanse maioritariamente a bolsas para os seus estudantes.

O programa ten o nome “Adopt a Vortex” (adopta un vórtice). E no seguinte enlace están os formularios para poder dar nome á vindeira borrasca sobre Galicia: ADOPT A VORTEX.

Ver a nova en castelán

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O mundo micolóxico do Val do Ulla: máis de 660 especies e achados de interese científico

Un proxecto impulsado por AMABUL en colaboración coa Deputación da Coruña identifica máis dunha decena de posibles primeiras citas para Galicia e unha para España

Un equipo da USC e da UVigo crea unha maqueta virtual interactiva para imaxinar o futuro de Galicia

O proxecto do CISPAC crea unha paisaxe alternativa vertebrada en catro eixos temáticos: a comunidade, o hábitat, a enerxía e a alimentación

A provincia da Coruña lidera as emisións galegas de gases de efecto invernadoiro cun 47,4% do total

Un informe do Observatorio Galego da Acción Climática revela o impacto das industrias enerxéticas fósiles no norte da comunidade

Un epistolario inédito revela a rede feminista entre Galicia e Cataluña de principios do século XX

As cartas autógrafas que Micaela Chao Maciñeira enviou en galego á pedagoga catalá Francesca Bonnemaison permiten recuperar unha figura clave do feminismo