Os cabaliños de mar son unhas criaturas moi carismáticas e con grandes particularidades. Museos Científicos Coruñeses compartiu en redes unha revisión médica dunha femia do Aquarium Finisterrae. O animal tiña o abdome inflamado e o equipo que os coida practicoulle unha ecografía para coñecer os motivos do inchume. A veterinaria do centro practicoulle unha ecografía despois de anestesiala e comprobou que só tiña líquido no seu interior. Os médicos reducíronlle a inchazón e estivo en corentena ata a súa completa recuperación.
Este pequeno peixe ou hipocampo é carnívoro e un rápido depredador, aínda que non o pareza. Hai ata 47 especies de cabaliño de mar, algúns teñen o tamaño dun grao de arroz. Son as femias as que producen os ovos durante o apareamento e quen os deposita na bolsa do macho, unha especie de saco onde os fertiliza e os incuba ata que os expulsa. Un cabaliño macho ten que pasar 45 días de embarazo e pode chegar a ter 1.500 ou ata 1.800 crías. Só o 1% das larvas chegan a ser adultos. Existen arredor de 50 especies diferentes, a máis pequena mide 15 milímetros de longo e a máis grande 30 centímetros.
Unha das características máis sorprendentes destes animais é que cambian de cor e de forma. Poden comunicarse mediante sons e son malos nadadores. En Galicia hai dúas especies de cabaliños: o Hipocampus hippocampus e o Hippocampus guttulatus, coñecido como “narizón”. Actualmente estas criaturas están ameazadas pola degradación dos ecosistemas mariños debido ao uso de técnicas de pesca que non son sostibles, así como a súa captura para medicinas tracionais.
El pobre se va a deprimir y morir