A intelixencia artificial só imaxina novas as mulleres da Coruña, Lugo e Ferrol

A plataforma Midjuorney recrea como vellas e taciturnas as galegas das sete cidades

A intelixencia artificial non ten límites. Con só unha pequena indicación un robot crea automaticamente unha imaxe inventada, non lle fai falta practicamente información. Dúas ou tres palabras foron suficientes para conseguir varios retratos do que é unha muller gallega para Midjourney, unha intelixencia artificial online e gratuíta que crea fotografías en menos dun minuto.

Por defecto, a plataforma ofrece catro resultados das mulleres da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol. Todas elas teñen características similares: están envellecidas e cun ton triste ou serio, e en xeral, visten roupa tradicional e xoias, de cores vermellas, moradas e brancas. A maioría ten ollos claros e leva o pelo recollido e a cabeza e o pescozo cubertos. Salienta que de 28 retratos, a plataforma só creou tres imaxes de mulleres novas da Coruña, Lugo e Ferrol. Todas están en espazos escuros e sen definir menos as de Santiago de Compostela, que están na rúa, nunha contorna que imita o casco vello.

Publicidade

A Coruña

Imaxe creada pola Intelixencia artificial das mulleres da Coruña.

Lugo

Imaxe creada pola Intelixencia artificial das mulleres da Lugo.

Ourense

Imaxe creada pola Intelixencia artificial das mulleres de Ourense.

Pontevedra

Imaxe creada pola Intelixencia artificial das mulleres de Pontevedra.

Vigo

Imaxe creada pola Intelixencia artificial das mulleres de Vigo.

Santiago

Imaxe creada pola Intelixencia artificial das mulleres de Santiago de Compostela.

Ferrol

Imaxe creada pola Intelixencia artificial das mulleres de Ferrol.

2 COMENTÁRIOS

  1. Francamente, o tiene poco de inteligencia o “juega” con información escasa y cuanto menos desfasada. Aberrante que las represente con semejantes vestimentas. Ni las ancianas van así ni las mujeres gallegas son tacituras. Mal.

  2. Perdoade, pero nesta nova tendes un par de cousas raras. O pé de foto do combo de imaxes de Lugo fai referencia á Coruña. E ademais, entre as mulleres de Lugo imaxinadas pola IA, a de abaixo á esquerda non é unha vella; máis ben semella unha moza. Polo resto, moitas grazas pola vosa web e os temas tan curiosos e interesantes que divulgades nela

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Resucitar moléculas da Prehistoria contra as superbacterias: a nova fronteira dos antibióticos por IA

Os modelos xenerativos xa poden recuperar péptidos do ADN de especies desaparecidas e agora enfrontan o reto de converter os achados computacionais en medicamentos

É a IA unha ameaza? “Os avances van máis rápido do que a sociedade pode asumilos”

Fernando Suárez e Senén Barro aseguran que a intelixencia artificial si presenta riscos, pero a destrución da humanidade non se atopa entre eles

Un grupo de investigación da USC alerta dos perigos da intelixencia artificial en contacto coa infancia

O traballo analiza diferentes experiencias dos Estados Unidos e China e expón a necesidade de valorar a IA dende unha perspectiva tecnolóxica, educativa, lexislativa e ética